Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor participa no acto de apertura do obradoiro de emprego da Laracha no que se formará a 20 alumnos en conservación de montes e en carpintaría e moble
O representante do Goberno autonómico animou ás mozas e mozos a aproveitar esta formación, adaptada ás necesidades das empresas da contorna, para poder atopar un emprego
Gabriel Alén agradece á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer o seu labor de acompañamento e asesoramento durante a pandemia
O delegado territorial da Xunta en Ourense louvou o traballo desta organización sen ánimo de lucro formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais, que ten como finalidade mellorar a vida das persoas tralo impacto causado por esta enfermidade
A Policía Autonómica levou a cabo 128 inspeccións en 22 concellos galegos nos controis de medidas ante a covid-19 na nosa comunidade
Leváronse a cabo 124 dispositivos que tiveron como 35 denuncias no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19
O Proxecto 'Acende o Xacobeo' remata este xoves iluminando monumentos históricos en Santiago, Muxía e Fisterra desde mañá pola tarde
Trenor informou que desde mañá 29 de decembro e ata o xoves 31 de decembro iluminaranse o faro de Fisterra, o santuario da Virxe da Barca, 3 edificios en Santiago e a Torre do Reloxo da Catedral
A Xunta activa unha alerta vermella por temporal costeiro no noroeste e oeste da provincia da Coruña e no litoral lucense a partir desta tarde
O resto do litoral galego atópase en nivel laranxa con ondas que poden acadar os 7-8 metros
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal abre a consulta pública do Plan de Investimentos Conxuntos 2021-2027
O obxectivo é recoller achegas de todos os axentes interesados de cara a concreción do documento final
A Xunta e Farmamundi colaboran na subministración de auga potable e servizos de saneamento en Honduras
As actuacións centraranse en atender as necesidades de auga e saneamento de 650 persoas afectadas polas tormentas Eta e Iota, ás que tamén se lle facilitarán produtos básicos de limpeza e hixiene
A Policía Autonómica localiza un petróglifo sen catalogar no Concello de Mondariz
Os axentes descubriron unha rocha gravados no monte Cabaleiro da parroquia de Vilar coa colaboración cidadá cun veciño
A Xunta aposta polo fomento e a promoción da ruta Xacobea do Camiño Inglés
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu está mañá á presentación do vídeo “A Chamada do Camiño Inglés” protagonizado polo triatleta Javier Gómez Noya, que colabora coa Asociación do Camiño Inglés para promocionar esta ruta
O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Montederramo
O novo representante do Goberno autonómico analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica