Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/12/20 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartirá 1.200 menús con produtos de Mercaproximidade na delegación do banco de alimentos de Pontevedra e no comedor social de San Francisco para esta Noiteboa

Luisa Piñeiro realiza senllas visitas a ambas entidades e agradece o seu “enorme traballo solidario e altruísta” a prol da xente máis necesitada da cidade e da súa contorna

23/12/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias cifra en máis dun millón de euros os apoios da Xunta ao comercio local na área territorial de Vigo

A delegada territorial en Vigo visitou hoxe a tenda de delicatessen Casa Samaniego, beneficiaria da orde de axudas enfocada á dixitalización e innovación no sector

23/12/20 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta arranca en Tui a promoción do Camiño Portugués cara o Ano Santo 2021 coa iluminación da catedral de Santa María no marco da campaña 'Acende o Xacobeo'

Luisa Piñeiro asistiu ao acto acompañada do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da corporación municipal, que amosou o seu respaldo a esta iniciativa

23/12/20 | 11:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica realizou case 150 inspeccións e tramitou 26 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19

Os 42 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias

22/12/20 | 20:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recoñece cos Premios Camiño de Santiago 2019 o compromiso da cidadanía na promoción dos valores das rutas xacobeas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto no que tamén se rendeu homenaxe a título póstumo a Megumi Shiozawa polo seu papel na promoción de Galicia en Xapón

22/12/20 | 20:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias inaugura coa iluminación da Concatedral de Vigo o proxecto "Acende o Xacobeo"

Esta iniciativa inclúe a iluminación de 42 edificios emblemáticos en concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago e noutros 50 doutras 10 comunidades autónomas

22/12/20 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Xunta, Goberno central e concellos coordinarán este Nadal o labor dos máis de 11.000 efectivos das forzas e corpos de seguridade

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presidiu hoxe unha reunión con representantes das distintas administracións

22/12/20 | 16:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luisa Piñeiro clausura o obradoiro de panadería e bolería da asociación A Cancela das Neves, que formou a 13 persoas desempregadas durante un ano

A delegada territorial entregou os certificados de profesionalidade, tras 550 horas lectivas, e animou aos participantes a aproveitar a experiencia para adentrarse no mercado laboral

22/12/20 | 16:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza un concurso para promover a participación cidadá na iluminación artística de edificios do Camiño de Santiago

Os participantes deberán subir ás redes sociais un selfie cos hashtags #AcendeOXacobeo e #EnciendeElXacobeo e elexiranse aos tres mellores que serán premiados cunha experiencia gastronómica e unha estancia en Galicia