Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/12/20 | 15:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias pon en valor o compromiso da Xunta coas entidades sociais para a provisión de alimentos aos colectivos vulnerables

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou hoxe as catro entidades sen ánimo de lucro de Vigo ás que se dotou de produtos agroganadeiros ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre o Goberno galego e o Parlamento

21/12/20 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Cervo, Burela e Xove inician hoxe un novo obradoiro de emprego financiado pola Xunta e clausuran o que se desenvolveu no último ano

O delegado territorial da Administración galega, Javier Arias, entregou os diplomas ás 20 persoas desempregadas que se formaron nas ramas da construción, xardinería e traballos forestais

21/12/20 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
21/12/20 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo convoca aos galegos, aos visitantes e ao sector turístico para, entre todos, camiñar cara un Xacobeo no que a seguridade será un valor constante

“Con cada paso seguimos camiñando cara un gran Ano Santo, e para iso planificamos un orzamento con partidas á altura da súa importancia”, di, referíndose a unha achega de máis de 85 millóns para o Xacobeo 2021

21/12/20 | 13:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nunha estratexia de resposta á covid-19 para adecuar os mecanismos da cooperación galega ás necesidades dos axentes da cooperación e das comunidades sociais

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe por videoconferencia na reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento

21/12/20 | 12:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Muros na adquisición dun vehículo dedicado á protección do medio ambiente

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega do todoterreo pick up con plataforma elevadora e cesta que empregará a brigada municipal no mantemento e conservación de espazos naturais

21/12/20 | 11:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense clausura o obradoido de emprego ‘Calderetas da gastronomía dos abades ata os nosos días’ en Celanova

O delegado territorial sinalou que con estes obradoiros a Xunta pretende ampliar as oportunidades laborais das persoas con dificultades para o acceso ao mercado de traballo

21/12/20 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Proxecto 'Acende o Xacobeo' da Xunta permitirá iluminar a partir de mañá e ata o 25 de decembro a Torre de Hércules, o Teatro Jofre e a Igrexa de Santa Columba

Trenor informou que desde mañá 22 de decembro e ata o 25 de decembro iluminaranse a 3 edificios na Coruña, Ferrol e Rianxo

20/12/20 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Escola Galega de Administración Pública acolle un novo curso DAFIS orientado a 30 profesionales de Educación Física

Nesta mesma semana, o secretario xeral para o Deporte anunciaba que a Secretaría Xeral xa está traballando coa Consellería de Sanidade e coa Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social para levar a cabo o programa de prescrición de exercicio para persoas maiores de 60 anos