Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 4549 noticias de la C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

20/12/20 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Faramundi colaboran na mellora da atención sanitaria no Iemen

As actuacións centraranse en brindar apoio aos centros de saúde para a prevención e tratamento da pandemia de covid-19

19/12/20 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias subliña a necesidade de que empresas e administracións presten apoio colectivo ao deporte galego

O delegado territorial da xunta en lugo reuniuse hoxe co piloto monfortino Eduardo Iglesias, que vai participar por segunda vez no Rally Dakar

19/12/20 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na inauguración do congreso "Coñece os Camiños"

Gabriel Alén sinalou que “a Vía da Prata conta cun enorme potencial de crecemento, que se verá acelerado ante a chegada do Xacobeo 21, pois é un dos máis importantes itinerarios xacobeos”

19/12/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O proxecto 'Acende o Xacobeo' da Xunta permitirá iluminar case un cento de monumentos como conta atrás cara o Xacobeo 2021

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da iniciativa, que inclúe a iluminación de 41 edificios emblemáticos en concellos galegos polos que pasa o Camiño de Santiago e noutros 50 doutras 10 comunidades autónomas que colaboran na iniciativa

18/12/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra

Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por mar combinada do oeste a noroeste con ondas de ata 6 metros

18/12/20 | 12:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destaca a calidade dos viños galegos e o potencial económico e turístico que xera o sector vitivinícola

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Medio Rural, José González, participaron esta mañá no acto de entrega dos Premios D.O. Ribeiro 2020

18/12/20 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 807.000 euros nos dous obradoiros de emprego compartidos por Cospeito, Outeiro de Rei e Castro de Rei no último ano

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou os diplomas aos 20 participantes no proxecto Camiño da Chaira e comunicou que onte mesmo tomou o relevo un novo taller que formará a outras tantas persoas desempregadas

17/12/20 | 20:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Fundación Semana Verde resiste economicamente nun ano marcado polo descenso da súa actividade debido á covid-19

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do Padroado da entidade, na que se aprobaron as contas de 2019, se fixo un balance provisional deste ano e se presentaron os orzamentos para 2021

17/12/20 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta inviste 1,2 M€ nun 'seguro coronavirus' que estará a disposición dos turistas que veñan a Galicia

Rueda explica que entrará en vigor a partir do primeiro trimestre de 2021 e cubrirá todos os custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no caso de infección por covid-19

17/12/20 | 15:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a vacinación da covid, que na primeira fase inmunizará a máis de 40.000 persoas de colectivos prioritarios

“Arredor de 22.000 usuarios das residencias de maiores e de atención a grandes dependentes, uns 17.000 traballadores destes centros sociosanitarios e uns 3.000 traballadores sanitarios que están en primeira liña”, avanza o vicepresidente primeiro