Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta e o Parlamento de Galicia colaboran para facilitar menús solidarios de Nadal a persoas vulnerables ao abeiro da canle Mercaproximidade
O vicepresidente primeiro da Xunta, o conselleiro do Medio Rural e o presidente da Cámara galega, asinaron hoxe o correspondente convenio para formalizar esta iniciativa
A Xunta investiu máis 125.000 euros en axudas para a mellora das infraestruturas turísticas e de embelecemento do Camiño de Santiago na comarca do Barbanza
A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo financiou 6 proxectos para a posta en valor dos recursos turística desta comarca
A Xunta aposta pola colaboración público-privada para promover a recuperación e paliar o impacto económico da covid-19
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde na clausura do foro de financiamento da III edición da aceleradora Ría de Pontevedra
A Xunta xa ten aboado 7,4 millóns de euros de axudas a autónomos e hostaleiros
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron hoxe unha nova reunión co sector da hostalería
A Xunta apoia a 20 aloxamentos e establecementos de restauración da provincia da Coruña para a renovación e modernización das súas instalacións
Gonzalo Trenor informou da resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 342.00M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios
A Policía Autonómica realizou 32 inspeccións e tramitou 13 denuncias durante a fin de semana na provincia de Pontevedra nos controis de medidas ante a covid-19
Os 22 dispositivos despregados enmárcanse no plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación do coronavirus, no marco da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias
A Xunta mellora o albergue de O Pino de cara ao Xacobeo 2021, que contará cunhas instalacións máis seguras e accesibles
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións que se están a levar a cabo para mellorar as instalacións que reciben a peregrinos de tres rutas xacobeas
A Policía Autonómica realizou máis de 20 dispositivos esta fin de semana na provincia da Coruña para controlar as medidas ante a covid-19
No marco destes controis os axentes levaron a cabo 18 inspeccións en 4 concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 12 persoas
A Xunta activa a partir deste mediodía unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Alértase dun fenómeno meteorolóxico adverso costeiro por vento do sur-suroeste de forza 8-9 e mar combinada con ondas de ata 6 metros