Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

24/11/20 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 80 aloxamentos e establecementos de restauración da comunidade á renovación e modernización das súas instalacións

O DOG publica hoxe a resolución destas axudas, ás que o Goberno galego destina 1,5M€ para levar a cabo accións de modernización, accesibilidade ou eficiencia enerxética nas infraestruturas destes negocios

23/11/20 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión de Recursos Naturais acordou celebrar en Santiago unha reunión do Comité Europeo das Rexións en maio, coincidindo co Xacobeo 2021

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión da comisión, na que se abordou o novo enfoque do Plan de Acción Atlántico co fin de contribuír a alcanzar os obxectivos previstos no Pacto Verde e de fortalecer os esforzos de recuperación dos países participantes, entre eles España

23/11/20 | 16:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias sinala que o investimento de máis de 143M€ da Xunta en Vigo responde ás necesidades reais da cidade

Un exemplo da implicación do Executivo autonómico coa cidade”, dixo a delegada territorial en Vigo, con grandes e novos proxectos polos que aposta decididamente

23/11/20 | 15:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica tramitou 29 denuncias esta fin de semana na provincia da Coruña en 26 operativos para controlar as medidas ante a covid-19

No marco destes controis os axentes realizaron 54 inspeccións en once concellos da provincia coruñesa, nas que identificaron a 33 persoas

23/11/20 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o Clúster da Pizarra

Gabriel Alén resaltou “o labor deste colectivo empresarial a prol da dinamización do rural, e a contribución da lousa como unha aposta permanente pola innovación”

23/11/20 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ á reforma dun espazo de acollida a peregrinos e á construción dun novo albergue de 40 prazas no mosteiro de Oseira

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe as actuacións que se están a levar a cabo para rehabilitar o antigo albergue e crear un novo cunhas instalacións accesibles nas que recibir aos peregrinos que percorren a Vía da Prata

23/11/20 | 13:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca unha nova edición do curso en liña sobre turismo sostible e financiamento na UE ante a alta demanda

Xa está aberto o prazo de inscrición para esta acción formativa, que comezará o 30 de novembro

23/11/20 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participou no acto de clausura do obradoiro de emprego de Touro, Boqueixón e Vedra

O representante do Goberno autonómico animou aos participantes a saír a buscar emprego co aval da mellor formación adaptada ás necesidades das empresas da contorna

22/11/20 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. de Sanidade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta proclama o seu non á violencia de xénero na andaina 'Camiño ao respecto’ celebrada hoxe en Santiago de Compostela

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e outros membros do Goberno galego e das institucións percorreron hoxe parte do Camiño en Santiago de Compostela en apoio ás vítimas da violencia

22/11/20 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colaborará co Concello de Silleda na adquisición dun vehículo para labores ambientais da Policía Local

O Goberno galego apoia a compra deste vehículo financiado a través dun convenio de colaboración co municipio