Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/11/20 | 15:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía o prazo para usar o bono turístico ata maio de 2021 e renovará a iniciativa o próximo ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe esta ampliación en Pontevedra, xunto co Clúster Turismo de Galicia, co que colabora nesta iniciativa

21/11/20 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

Estas actuacións, contaron cun orzamento de case 50.000 euros, e tiveron un prazo de execución dun mes

20/11/20 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa no Foro da Comunicación de Galicia

O delegado territorial sinalou que “nos tempos que corren de incerteza e medo ao descoñecido, é necesario que os comunicadores adoiten a perspectiva da veracidade, da prudencia e das mensaxes responsables”

20/11/20 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para os programas de transformación dixital e finanzas, no marco do Plan de formación da Xunta para reactivar o sector turístico

O Plan de Formación inclúe sete programas formativos de balde para profesionais e empresas do sector turístico e estenderase ata xaneiro do vindeiro ano

20/11/20 | 14:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con 50.000 euros o pavimentado de vías municipais entre núcleos rurais de Castroverde e Castro de Rei

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o Goberno galego achega preto do 50% do orzamento das obras, consistentes na extensión de rego asfáltico e limpeza de cunetas

19/11/20 | 19:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o sector hostaleiro chegan a un acordo para ampliar as axudas aos establecementos pechados ata un máximo de 9.200 euros

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe o documento en Santiago de Compostela cos representantes do Clúster de Turismo e da Mesa de negociación da hostalaría de Galicia

19/11/20 | 16:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada ao Concello de Moaña os avances na tramitación que permitirán executar o vindeiro ano a eliminación do treito de concentración de accidentes en Domaio

A Consellería de Infraestruturas convocou o 17 de decembro o acto expropiatorio para a mellora de seguridade na estrada PO-551 ao seu paso por esta parroquia

19/11/20 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a calidade do proxecto presentado polo alumnado do CPR Plurilingüe Barreiro ao consumópolis-15

O traballo “Se vas a consumir, mira ben antes de elixir” quedou terceiro na fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida

19/11/20 | 13:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na creación dun parque infantil cuberto no concello de Nogueira de Ramuín

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, os traballos levados a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

O investimento do Goberno galego no municipio sitúase arredor dos 1,3 M€ nos últimos anos e inclúe proxectos conxuntos con outros concellos para optimizar recursos