Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

16/09/20 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o termalismo como elemento clave na desestacionalización e diversificación do turismo galego

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, interveu hoxe no 'I Congreso Internacional sobre Auga e Saúde', onde destacou o traballo dos centros termais galegos para activar protocolos de prevención fronte á covid-19

16/09/20 | 11:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel dos voluntarios de Protección Civil para garantir unha peregrinaxe segura no Camiño de Santiago

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, avanzou hoxe en comisión parlamentaria que o plan de protección civil de atención ao peregrino adaptarase no Xacobeo 2021 á realidade da covid-19

16/09/20 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por seguir potenciando Galicia como destino seguro xa que o sector turístico é clave para a recuperación económica da nosa comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na inauguración do Congreso de Turismo Experiencial, “Turismo e Cultura como eixes do emprendemento”, que terá lugar estes días en Lugo

15/09/20 | 15:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
15/09/20 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilitou ata o de agora máis de 1.904.784 unidades de protección aos centros sociais da área territorial de Vigo

Desde o inicio do reparto entregáronse desde a Delegación 988.490 luvas, 821.212 máscaras e 22.417 batas, entre diverso material protección fronte a COVID-19

15/09/20 | 12:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 350.000 euros para rehabilitar o edificio que acollerá o novo centro cultural e turístico Antonio Fraguas de Cerdedo-Cotobade

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o alcalde Jorge Cubela, asinaron hoxe o convenio de colaboración para reformar o antigo cine-baile de Carballedo que se empregaba en centro cultural

15/09/20 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide na necesidade de promover accións para acadar a igualdade de xénero no ámbito universitario

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración do XIII Encontro da Rede de Unidades de Igualdade para a Excelencia Universitaria

14/09/20 | 20:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta e empresarios do ocio nocturno crean unha mesa de traballo que analizará semanalmente os datos sanitarios de cara a reactivar o sector

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, mantiveron esta tarde unha reunión por videoconferencia con representantes do sector

14/09/20 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AGASP inicia os cursos de mandos de policía local nunhas instalacións adaptadas para retomar a formación con seguridade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o comezo dos cursos selectivos nas categorías de inspectores e oficiais que contan con 33 alumnos de 15 concellos

13/09/20 | 10:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para a primeira edición dixital da Semana Europea das Rexións e Cidades

O período de inscrición para asistir á #EURegionsWeek está aberto até o 27 de setembro de 2020