Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

21/12/22 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará a vindeira semana o estudo sobre a delimitación de competencias no eido local elaborado pola Universidade de Santiago

Anunciouno o vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes hoxe no Parlamento, onde interveu nunha interpelación para abordar o financiamento das entidades locais

21/12/22 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga pola arbitraxe e a mediación intraxudicial como vías alternativas e complementarias de resolución de conflitos xudiciais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, interveu hoxe no encontro empresarial cos membros da corte arbitral do noroeste da Confederación de Empresarios da Coruña

21/12/22 | 16:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio de colaboración para garantir aos fiscais o acceso á información dos expedientes de menores

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou o acordo co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, antes da reunión da Comisión Mixta de Coordinación entre o Ministerio Fiscal e a Xunta

21/12/22 | 16:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa o remate das obras de mellora da accesibilidade e da seguridade viaria do edificio hospitalario de Piñor nas que a Xunta inviste máis de 80.500 €

Gabriel Alén explicou que o obxectivo destas intervencións é reforzar a seguridade viaria, favorecer a mobilidade peonil e mellorar os firmes deste centro sanitario

21/12/22 | 12:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia melloras nas infraestruturas municipais e ambientais da Lama cunha achega de case 127.000 euros

A directora xeral de Administración Local, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visitou hoxe a localidade para comprobar o funcionamento da biotrituradora e dos contadores de auga intelixentes adquiridos ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

20/12/22 | 19:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga por unha ciencia en igualdade que cree máis oportunidades e aposte polo talento galego na entrega do premio Wonenburger 2022

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interviron no acto de entrega hoxe do galardón a Elena Vázquez Cendón

20/12/22 | 18:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presenta a proposta ruta N-VI premiada pola aceleradora de proxectos turísticos TurisLab

O delegado da Xunta animou a descubrir esta iniciativa de “turismo slow” que ofrece achegarse á riqueza e cultura que discorre polos concellos da estrada Nacional VI que une Madrid e A Coruña