Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Infraestruturas:

23/12/22 | 11:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aboará máis de 893.700 € aos colexios de avogados e procuradores da comunidade polos servizos de asistencia xurídica gratuíta

O DOG publica hoxe as ordes pola que se transfire o 8% do total certificado en 2021 entre os colexios profesionais de avogados e procuradores por este servizo

22/12/22 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita abordar coas organizacións sindicais e os letrados de administración de xustiza o novo modelo de oficinas xudiciais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou onte por vía telemática no pleno da Conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as autonomías, na que se trataron os modelos de referencia destes organismos

21/12/22 | 16:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga pola arbitraxe e a mediación intraxudicial como vías alternativas e complementarias de resolución de conflitos xudiciais

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, interveu hoxe no encontro empresarial cos membros da corte arbitral do noroeste da Confederación de Empresarios da Coruña

21/12/22 | 16:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o convenio de colaboración para garantir aos fiscais o acceso á información dos expedientes de menores

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou o acordo co fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, antes da reunión da Comisión Mixta de Coordinación entre o Ministerio Fiscal e a Xunta

17/12/22 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica comisa 90 quilos de polbo e dous de centolas na cidade da Coruña

No marco dun dispositivo de control do furtivismo desenvolvido por axentes da UPA en colaboración cos vixilantes da confraría de pescadoras na zona do Portiño

14/12/22 | 14:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo participa na entrega do XXI Premio Iurisgama a Julio Padilla Carballada e o Montero Ríos a José Manuel Sieira Míguez

A Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (Iurisgama) recoñeceu a traxectoria dos dous galardonados pola súa traxectoria no ámbito da xurisprudencia

25/11/22 | 15:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza co Goberno central na implantación dos rexistros civís exclusivos

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na conferencia sectorial entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas, na que se acordaron tamén as especificidades do equipamento técnico das salas de vistas dixitais dos xulgados
 

24/11/22 | 15:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca os avances tecnolóxicos das salas de vistas da Cidade da Xustiza e a boa marcha do traslado durante a visita do presidente do TSXG

A delegada da Xunta en Vigo fixo un percorrido pola nova infraestrutura xunto ao máximo responsable do Tribunal Superior, José María Gómez Díaz-Castroverde

17/11/22 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a apertura do concurso de ideas do novo centro de asociacionismo de Vigo, que contará cun auditorio para 400 persoas e salas de ensaio e exposicións

A delegada territorial avanzou que este xoves se publican as bases para a reforma integral do edificio da rúa Lalín