Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta promove a formación en igualdade laboral nas entidades do sector da discapacidade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un convenio coa Asociación Empresarial para a Discapacidade Intelectual e do Desenvolvemento en Galicia (Aedigal) para cualificar o persoal das entidades
Os alumnos da 14ª promoción de Policía Local retoman a última parte da súa formación teórica na AGASP
O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, visitou os 117 alumnos que unha vez finalizado o curso na academia cubrirán prazas nunha trintena de concellos
A Xunta organiza a semana que vén en Monforte ata cinco xornadas sobre xestión técnico económica de distintos tipos de explotacións
Previstas do 10 ao 14 de outubro, as accións formativas abordarán as peculiaridades das granxas de vacún de leite, das explotacións de gandería extensiva, das que precisan base territorial e das de cultivos, fruticultura, vitivinicultura e apicultura
A Xunta activa a formación laboral de 20 persoas desempregadas da Guarda co obradoiro 'Manuel B. Portela VIII’
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Antonio Lomba, presidíu esta mañá o acto de inauguración desta iniciativa, que conta cun investimento de 504.000€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
A Xunta activa a formación laboral de 20 persoas desempregadas de Cambados co obradoiro ‘Rutas de sendeirismo’
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Samuel Lago, presidíu esta mañá no consistorio o acto de inauguración desta iniciativa, que conta cun investimento de 504.000€ da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
A Xunta de Galicia inviste 504.000 euros na formación dunha vintena de alumnos no obradoiro dual de emprego ‘Reinicia IX’ que comeza hoxe en Ares
A formación, destinada a persoas en situación de desemprego, se impartirá nas modalidades de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Carpintería e moble
A Xunta pon en marcha unha xornada de formación para os mentores do programa ‘Xuventude Mentoring’
Nesta edición serán máis de 130 os mentores que apoiarán aos participantes desta iniciativa na que o Goberno galego destina 500.000 euros
Dez profesionais da transferencia de coñecemento fórmanse en Oxford co apoio da Xunta
Estas estadías enmárcanse no programa Ignicia, unha iniciativa da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Fundación Barrié
A Xunta preselecciona os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia que actualmente xestionan o Leader para continuar a súa andaina no próximo programa 2023-2027
Para o desenvolvemento das estratexias de desenvolvemento local, cada grupo contará con 35.000 euros dun orzamento total que, para esta convocatoria, ascende aos 840.000 euros
A Xunta abre o 3 de outubro o prazo de inscrición para as empresas pesqueiras que queiran acudir o próximo ano a feiras sectoriais coa Consellería do Mar
O Executivo autonómico ofrece ás firmas interesadas a posibilidade de acudir como coexpositoras ou como centro de negocios para aumentar o impacto no visitante e incrementar as súas relacións comerciais