Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

25/10/22 | 15:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7,6 M€ nos Orzamentos de 2023 para apoiar os centros tecnolóxicos galegos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá co novo presidente de Atiga, Jesús Lago

25/10/22 | 13:54 | C. de Sanidade

A Xunta integrará no sector público autonómico ás tres fundacións de investigación sanitaria

O Goberno galego dá este paso tras homologar as condicións laborais das mesmas mediante os seus primeiros convenios colectivos, e tras acadar a acreditación, por parte do Instituto Carlos III, de todos os Institutos de Investigación sanitaria

22/10/22 | 13:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o ecosistema de I+D+i galego na Feira Internacional Patents for Innovation de Madrid

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun mostrador institucional no que participarán máis dunha ducia de entidades de I+D+i galegas entre o 26 e o 27 de outubro

21/10/22 | 14:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Pontevedra o importante papel dos profesionais do deseño para a competitividade do sistema galego de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe no 10º Encontro Nacional de Deseño, onde animou aos creadores participantes a rexistrarse no Mapa de Provedores do Deseño Galego, unha plataforma para conectar a oferta de servizos do sector coa demanda empresarial

20/10/22 | 16:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta do tecido empresarial galego pola tecnoloxía no actual contexto de transición ecolóxica e dixital

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na clausura da XX Edición de GaliciaTIC, onde lembrou que as empresas galegas investiron en 2021 un 19% máis en tecnoloxía, mentres que o uso da intelixencia artificial medrou un 50%

20/10/22 | 14:44 | C. de Economía e Industria

As demostracións de voo do proxecto Comp4Drones consolidan o CIAR de Rozas como referente en Europa para testar tecnoloxías innovadoras con sistemas non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe nas probas finais desta iniciativa liderada por Indra e na que participan 49 empresas, universidades e centros tecnolóxicos de diferentes países de Europa

20/10/22 | 13:46 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina preto de 18 M€ a medidas para facerlle fronte á ciberdelicuencia

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, participaron hoxe na apertura da XI Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos ‘IuristicGal2022’, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia co apoio do Goberno galego

19/10/22 | 11:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca as posibilidades que ofrecen os fondos europeos para transformar a industria sanitaria a través da ciencia e a innovación

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na xornada ‘A medicina do futuro; personalizada e de precisión’, onde pon en valor a oficina técnica posta en marcha co Clúster da Saúde para facilitar o impulso e a captación de proxectos no ámbito sanitario, especialmente no marco do Perte da Saúde de Vangarda
 

18/10/22 | 15:45 | C. de Facenda e Administración Pública

O uso da intelixencia artificial nas empresas galegas creceu un 50% no último ano

As empresas de 10 ou máis empregados de Galicia son quintas a nivel estatal no uso da IA e as cuartas con máis especialistas neste ámbito
 

17/10/22 | 16:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa de financiación comunitaria “TecEuropa” abre a inscrición para a súa 17ª edición

O curso, de formato virtual, contará con contidos teóricos e prácticos sobre as opcións de fondos europeos dispoñibles para as entidades públicas e privadas