Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

27/09/22 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta a iniciativa “O Camiño en Familia. Pet Camiño” no marco do Día Mundial do Turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe a iniciativa no marco da conmemoración do Día Mundial do Turismo que este ano ten como lema “Repensando o turismo”
 

26/09/22 | 12:56 | Axencia de Turismo de Galicia

Gabriel Alén sinala a Ourense e Galicia como destinos internacionais líderes en turismo de saúde e benestar

O delegado territorial explicou que a Xunta traballa na reactivación conxunta do turismo termal galego como unha proposta complementaria ideal que permite contar cunha oferta de calidade e especializada
 

25/09/22 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a gastronomía como reclamo turístico de Galicia, ao primar os produtos de proximidade e a cociña autóctona

Vázquez Mourelle subliña que a gastronomía, xunto coa natureza, é un dos principais motivo escollido para visitar Galicia, un destino cunha cociña de calidade e sostible

23/09/22 | 15:46 | A Presidencia da Xunta

A Comunidade galega rexistra ano histórico para o turismo con récord de peregrinos e unha ocupación hoteleira nunca vista no mes de agosto

Salienta que antes de rematar o verán xa se superou a barreira das 348.000 compostelas do total de 2019, o ano con máis peregrinos desde que hai rexistros

22/09/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros lembra que volve estar activo o uso do bono turístico #QuedamosenGalicia22 ata finais de ano ao que están adheridos 31 establecementos en Ferrolterra

Esta iniciativa permitiu inxectar preto de 160.000 euros nos locais das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal que se uniron á campaña na pasada edición
 

20/09/22 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O bono turístico “Quedamos en Galicia 2022” ten adheridos 65 establecementos na comarca de Bergantiños-Costa da Morte

O delegado da Xunta visitou, esta mañá, as Cabañas da Fonte en Canduas, un dos locais dispoñibles na selección deste bono que se reactivou o 15 de setembro ata o 31 de decembro

20/09/22 | 15:11 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta por continuar potenciando o turismo de calidade cunha proposta sostible e diferenciada

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na gala de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED) a 26 establecementos do GDR Terras de Compostela
 

20/09/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o ciclo Elas, o que move o camiño, un foro de debate sobre emprendemento e igualdade nas rutas xacobeas

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo promove esta iniciativa, financiada polo Goberno galego no marco do programa O teu Xacobeo
 

09/09/22 | 14:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta de Galicia pon en valor a oferta termal baseada na excelencia e calidade da nosa comunidade

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no curso “Termalismo en el oeste de la península Ibérica” mediante unha conferencia sobre as oportunidades de Galicia neste eido