Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

21/11/21 | 11:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta concede axudas a 31 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, resólvese a convocatoria na que se destinan 165.000€ a asociacións e fundacións

20/11/21 | 12:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemorará o centenario de María Casares cunha gran programación escénica, audiovisual, editorial e académica dentro e fóra da Comunidade

O Goberno autonómico impulsa en 2022 o centenario do nacemento da actriz xunto a entidades como a Biblioteca Nacional de España ou a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, entre outras

19/11/21 | 21:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a Xunta organizará en 2022 unha gran exposición sobre Laxeiro na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid

Trátase dunha das grandes apostas do Goberno autonómico dentro da programación do Ano Laxeiro, que incluirá actividades diversificadas

19/11/21 | 13:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á posta en valor das industrias culturais galegas como principal patrocinadora de Culturgal

Ademais da súa contribución económica, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade achega 13 actividades ao programa do encontro, que se desenvolve do 26 ao 28 de novembro en Pontevedra

19/11/21 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Salón Teatro de Santiago acolle tres espectáculos de novo circo no marco do encontro 'D10!'

O director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento que terá lugar ao longo da vindeira semana

18/11/21 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece unha visión renovada da obra do pintor coruñes Alejandro González Pascual cunha mostra antolóxica no Museo de Belas Artes

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición, na que poderán verse preto dun cento de pezas ata finais de febreiro de 2022

18/11/21 | 18:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo salienta o valor do máis de medio cento de iniciativas culturais e académicas que este ano están a divulgar o legado de Xela Arias

O secretario xeral de Cultura participa no simposio que a Real Academia Galega organiza estes días co apoio da Xunta sobre a homenaxeada das Letras Galegas 2021

18/11/21 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego cruza o atlántico por primeira vez para representar en Uruguai e Arxentina a obra ‘O charco de Ulises’

A peza dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso representarase o día 1 de decembro no Auditorio Nelly Goitiño de Montevideo, con dúas funcións, e o día 2 no Teatro Astral de Bos Aires

17/11/21 | 19:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Xunta se implicará de cheo na conmemoración do ano Laxeiro en 2022

O conselleiro de Cultura participa nos actos organizados pola Real Academia Galega de Belas Artes como peche da homenaxe a Domingo de Andrade

17/11/21 | 18:20 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo impulsa o libro 'Matrias illadas', que recompila as fotografías e versos da mostra homónima en homenaxe ás mulleres

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación, que integra a mostra-homenaxe ás devanceiras das súas creadoras, Neves Seara e Tamara Andrés