Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

29/10/21 | 15:38 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta
29/10/21 | 10:26 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 505 casos activos por coronavirus

Un total de 180.029 pacientes xa están curados

28/10/21 | 18:56 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia a aprobación no Consello da Xunta de mañá venres do novo Plan de Infraestruturas de atención primaria

Afirma que con este plan dáse un paso máis cara a un novo ciclo postpandemia, no que a construción dun novo Sistema Galego de Saúde seguirá a ser un dos piares do Goberno autonómico

28/10/21 | 17:17 | C. de Sanidade

Preto de 100 propostas preséntanse á II Edición dos Premios de Innovación en Saúde destinados a incentivar as ideas de profesionais sanitarios e asociacións de pacientes

O xerente de ACIS, Antonio Fernández-Campa, detalla no Parlamento as iniciativas postas en marcha polo departamento sanitario galego para promover a innovación no sistema público de saúde da nosa comunidade

28/10/21 | 17:07 | C. de Sanidade
28/10/21 | 15:13 | C. de Sanidade

O Sergas rexistrou máis de 2.000 activacións de ictus durante o presente ano

Con motivo do Día Mundial do Ictus, que se celebra mañá 29 de outubro, a Consellería de Sanidade lembra a importancia da súa detección precoz

28/10/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta remata as obras de mellora do centro de saúde de Bertamiráns nas que se investiron máis de 300.000€

O centro de saúde da servizo a 15.571 pacientes, as obras permiten mellorar a eficiencia enerxética do edificio e ofrecer máis comodidade aos usuarios

28/10/21 | 12:55 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 477 casos activos por coronavirus

Un total de 179.998 pacientes xa están curados

28/10/21 | 11:38

Máis de 100 persoas reciben formación da Xunta no uso dos exoesqueletos para previr trastornos entre os traballadores en tarefas de carga

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) celebrou hoxe na súa sede coruñesa unha xornada técnica en formato mixto, presencial e en liña, para previr as afeccións musculoesqueléticas de orixe laboral con medios innovadores

27/10/21 | 13:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

O hospital comarcal do Barbanza incorpora un novo equipo radiocirúrxico

O delegado territorial da Xunta na Coruña e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza supervisaron hoxe no hospital comarcal o funcionamento deste novo equipo radiocirúxico adquirido por importe superior aos 90.000 euros