Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

25/10/22 | 15:24

A Xunta aposta polo programa ‘Mestres Gandeiros’ para achegar á comunidade educativa ao papel da poboación rural como xestora da paisaxe e da biodiversidade

Trátase dunha actividade promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co apoio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para dar a coñecer entre a mocidade galega as boas prácticas agrarias e medioambientais que sobreviviron transmitíndose de xeración en xeración

22/10/22 | 14:49 | C. do Medio Rural

O Diario Oficial da Unión Europea publica a solicitude de rexistro da indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia

A partir de agora, ábrese un período de oposición de dous meses a nivel da Unión Europea e, se non hai ningunha alegación, este selo quedará rexistrado de forma definitiva

21/10/22 | 16:09 | C. do Medio Rural

A Xunta informa aos agricultores e aos operadores de industrias de penso animal das oportunidades de cultivo de chícharos bravos

Trátase dun cultivo que mellora a estrutura e a microbioloxía do solo, así como a infiltración de auga, e que fixa nitróxeno atmosférico
 

21/10/22 | 14:25

Galicia remite ao Estado o seu plan de xestión do xabaril para previr a entrada da peste porcina, a primeira comunidade en facelo

O documento detalla as medidas de actuación a aplicar na Comunidade, entre elas, o incremento das medidas de control sobre as poboacións da especie, a ampliación do período hábil de caza, a protección dos cultivos ou a concienciación social

21/10/22 | 13:02 | C. do Medio Rural

A Xunta actualiza o portal de información sobre as axudas da PAC para o período 2023-2027

O novo apartado web creado recolle información útil tanto dos procedementos de cada unha das axudas como das súas novidades

21/10/22 | 12:52 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca que a produción anual do sector da castaña en Galicia xera un valor económico superior aos 50 M€

Dentro desa cifra, o director tamén salientou que o impacto económico anual a nivel autonómico é de 20 millóns de euros pagados aos produtores
 

18/10/22 | 18:48 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un foco de influenza aviaria nunha explotación de visóns na provincia da Coruña

O caso detectouse no marco da vixilancia pasiva realizada en explotacións de visóns, tras a aparición dun número anormalmente elevado de visóns enfermos e mortos