Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

05/09/22 | 14:37 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta “Camiñamos para parar. Camiño de Inverno” coa colaboración do Rectoral de Amandi, e os debuxantes Miguel Anxo e Rita Sabler

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do proxecto mediante o cal os dous debuxantes recrean as paisaxes do Camiño de Inverno mediante ilustracións que plasmarán en forma de postais

04/09/22 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o potencial turístico e de lecer do concello de Abegondo co novo complexo de Beche

O vicepresidente segundo, Diego Calvo, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na inauguración do campamento turístico no marco da celebración do Día da Familia

02/09/22 | 14:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta da a benvida a unha vintena de novos voluntarios do programa ‘Xacobeando’

Estes mozos, de entre 18 e 30 anos, compoñen o cuarto grupo de participantes des-ta iniciativa que contempla accións nos ámbitos da inclusión, a sustentabilidade e a dixitalización no marco do Camiño de Santiago

02/09/22 | 13:53

A Xunta reforza a promoción de Galicia no mercado náutico do norte de Europa coa súa presenza no salón sectorial Hishwa te Water dos Países Baixos

Portos e Turismo de Galicia participan por primeira vez nesta feira para dar a coñecer o sistema portuario autonómico como destino e as rutas de peregrinación por mar

02/09/22 | 13:04 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

Rueda recalca a aposta da Xunta polo turismo de saúde e termal no que Galicia é un referente a nivel europeo

Destaca que a Comunidade está a cabeza de España tanto en número de instalacións como en calidade e que se trata dun sector en continuo crecemento

30/08/22 | 13:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que o récord de viaxeiros en xullo e a previsión dun agosto histórico acreditan a recuperación do sector nun ano extraordinaro para o turismo

Subliña que Galicia está a rexistrar unha ocupación de entre o 90 e o 95% en agosto, o que anticipa que se alcanzará un final de ano con cifras “fantásticas”
 

25/08/22 | 13:25 | Axencia de Turismo de Galicia

A ampliación do aforo de Balaídos para o concerto de Muse agarda pola autorización do Concello de Vigo

A produtora xa presentou a modificación do Plan de Autoprotección que permitirá aumentar a capacidade do recinto para a actuación máis agardada do verán

18/08/22 | 13:39 | Axencia de Turismo de Galicia

Fernández-Tapias visita a montaxe do festival Latitudes e C. Tangana para o regreso dos grandes concertos a Vigo co Xacobeo 21-22

A delegada territorial de Xunta en Vigo fixo un percorrido polo peirao de Transatlánticos onde se celebrará o festival este 19 e 20 de agosto

12/08/22 | 21:30 | Axencia de Turismo de Galicia

Nava Castro participa na Gala da Lamprea de Arbo

A festa da lamprea, declarada festa de interese turístico nacional, aspira a converterse tamén en festa de interese turístico internacional