Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta ponse a disposición da nova directiva da Federación de Comercio de Pontevedra para cooperar no impulso á competitividade do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación do novo proxecto da entidade tras a elección como presidente de Iván Iglesias
A Xunta destaca o papel de Ourense Centro na dinamización do sector comercial da cidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu á Shopping Night organizada por este centro comercial aberto
A Xunta reforza a colaboración cos centros comerciais abertos para continuar avanzando na dinamización do sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo un encontro con representantes de asociacións de comerciantes de toda Galicia para informalos das novidades do programa de axudas por 2,25 M€ para este ano
Trenor destaca o papel da Mostra do Encaixe como plataforma de divulgación e de renovación do oficio
A Xunta colabora habitualmente neste encontro que está consolidado como un im-portante escaparate da marca Artesanía de Galicia e un dinamizador económico da zona e do sector artesán galego
A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2022 para recoñecer a traxectoria e o talento do sector artesán galego
O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, está destinado a unha obra ou colección realizada por un obradoiro artesanal; o Premio Traxectoria, de carácter honorífico, é un recoñecemento do sector á experiencia na práctica ou na divulgación dun oficio; e a Bolsa Eloy Gesto está dotada con 4.000 euros para a formación dun profesional que non supere os 40 anos de idade
A Xunta presenta o proxecto Enredadas en Granada no marco dos días europeos da Artesanía
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, fala no Centro de Referencia Nacional de Artesanía desta iniciativa para a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas, e a artesá Rosa Rodríguez realizará unha demostración de nós mariñeiros
A Xunta destaca o papel do sector artesán galego no impulso do comercio de proximidade compostelán
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá tres tendas taller de obradoiros da marca Artesanía de Galicia na rúa de San Pedro
A Xunta premia o traballo de dúas alumnas de Ribeira nun concurso de debuxo sobre o entroido seguro
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o CEIP de Frións, onde entregou os galardóns a Clara Lucía Chouza e Paola Mariño, de 6º de Primaria
A Xunta destaca a implicación do asociacionismo na dinamización do comercio de proximidade de Melide
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a feira de oportunidades Mercamelide, organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide- Centro Comercial Aberto e o Concello
A Xunta e o Concello do Porriño avalían novas vías de colaboración para impulsar o comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a localidade para manter un encontro co alcalde, Alejandro Lorenzo