Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 720 noticias de la área temática Deporte:

26/08/22 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros destaca o campus de tenis de mesa “Tenistas no Camiño” na posta en valor do Camiño Inglés dende una perspectiva multidisciplinar

Un total de 25 mozos e mozas, de entre 10 e 16 anos e procedentes de Galicia, Asturias e Portugal, toman parte na cita que se levou a cabo esta semana

26/08/22 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Agasp acolle desde hoxe ata o domingo o encontro profesional de árbitros de balonmán da comunidade

Máis dun cento de participantes entre árbitros da categoría nacional e internacional así como aspirantes en formación recibirán preparación de profesionais expertos nesta actividade organizada pola Federación Galega de Balonmán

25/08/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O DOG publica a convocatoria para a concesión de bolsas de persoas colaboradoras no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2022/2023

O prazo de aplicación ás bolsas, destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior, é dun mes dende a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia

24/08/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A “maior festa do balonmán galego” chega a Cangas coa celebración da Copa e Supercopa Galicia nesta fin de semana

O Pavillón O Gatañal de Cangas acollerá os vindeiros 26, 27 e 28 de agosto a Copa e Supercopa de Galicia coa presenza dos mellores equipos da comunidade, tanto masculinos coma femininos

22/08/22 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 83.000 euros a 10 clubs de Lugo para a adquisición de equipamentos deportivos

As achegas da Secretaría Xeral para o Deporte posibilitan tamén dotacións xerais, como vehículos ou material sanitario

19/08/22 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

O Da Summer 2022 reúne en Vigo a 5 dos mellores bailaríns europeos de hip-hop baixo o patrocinio da Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte visitou o campamento de danza urbana nunha nova mostra do pulo que a Xunta de Galicia leva realizando aos deportes urbanos nos últimos anos

17/08/22 | 13:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta potencia a práctica deportiva e o contacto coa natureza entre os máis novos co campamento ‘Multiaventura nos Chacotes’

Os preto de 60 participantes, de entre 12 e 14 anos, desenvolven en Palas de Rei dis-tintas actividades vencelladas ao deporte como bicicleta de montaña, escalada ou tría-tlon

17/08/22 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 2,7M€ este ano á dotación de equipamento e en apoio ás actividades dos clubs e federacións deportivas da comunidade

O vicepresidente segundo visitou hoxe o Club Náutico Firrete de Pontedeume, unha das 97 entidades beneficiarias das axudas para a adquisición de equipamentos, nas que a Xunta inviste 700.000 euros