Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

22/10/21 | 14:31 | A Presidencia da Xunta

Galicia e Andalucía impulsan a cooperación para lograr unha economía competitiva e sustentable co apoio dos Next Generation e a cogobernanza efectiva

Acordan potenciar a Vía da Prata, a través do grupo de traballo entre Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia; ademais de trasladar a conveniencia de que a Comunidade andaluza estea no Consejo Jacobeo

22/10/21 | 14:20 | C. de Sanidade

A Xunta inicia o proceso participativo para elaborar o novo Decreto regulador da ordenación da atención primaria

En cumprimento do anunciado polo presidente da Xunta no debate de política xeral, ábrese a consulta pública para recadar as opinións do sector sobre a renovación do decreto regulador da ordenación da atención primaria, aprobado en 1993

20/10/21 | 12:17 | A Presidencia da Xunta

Feijóo lembra o 40 aniversario das primeiras eleccións autonómicas como o inicio do “soño” democrático que constrúe unha Galicia libre, igualitaria e fraterna

“O 20 de outubro de 1981 Galicia empeza a realizar o seu propio soño. Un soño construído con papeletas que deron forma á vontade popular, e iniciaron un camiño que non se interrompeu nestes corenta anos”, di

19/10/21 | 17:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica o modelo de autogoberno galego integrador, feito por todos e baseado na autonomía afectiva e efectiva, e que inspirou a todos os presidentes da Comunidade

“Un modelo que inspirou a nosa forma de gobernar e ese europeísmo que compartimos dentro dunha España da que nos sentimos orgulloso, desde a Transición ata agora”, di, incidindo en que grazas a el sabemos o que somos, o que nos falta e como nos ven

18/10/21 | 16:39 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inaugura a xornada conmemorativa dos corenta anos do Estatuto de Autonomía de Galicia

A directora da EGAP incidiu en que o Estatuto de Autonomía é un instrumento vivo, con amplo alcance e repercusións na forma na que nos organizamos como sociedade, nas institucións das que nos dotamos, e na forma na que se ditan as normas e se fan cumprir

18/10/21 | 12:49 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta
17/10/21 | 11:56 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta aprobará mañá o proxecto de orzamentos para 2022, unhas contas enfocadas á recuperación económica na fase final da pandemia

O proxecto prevé un crecemento sostible dun 6% do PIB en 2021 e 2022, medio punto máis que o previsto para este exercicio no teito de gasto