Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

23/02/22 | 17:38 | C. do Medio Rural

A Xunta iniciará ao longo do primeiro semestre do ano os traballos na nova parcelaria de San Xoán de Seoane de Pregación, no concello de Friol

Esta parcelaria, decretada o pasado ano, busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

12/02/22 | 12:46

A Xunta reforzará o subministro eléctrico do parque empresarial de Xinzo de Limia cun investimento de preto de 250.000 €

A adxudicación das obras de urbanización da ampliación do polígono, licitadas por máis de 3,6 millóns de euros, está prevista para o vindeiro mes de marzo

07/02/22 | 11:40

A Xunta ofrece axudas de ata 10.000 euros aos tecores para garantir o equilibrio dos hábitats cinexéticos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou o pasado venres no Diario Oficial de Galicia esta orde, dotada dun orzamento de 200.000 euros

06/02/22 | 12:19

A Xunta e o COAG intercambian ideas para enriquecer a futura lei de arquitectura co reto de converter a Galicia nun referente neste eido

No marco do período de información pública do documento, recibíronse achegas por parte dun total de 12 entidades públicas e privadas, particulares e empresas

06/02/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que está aberto o prazo para que os concellos soliciten as axudas do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O Diario Oficial de Galicia publicaba o pasado 25 de xaneiro esta nova convocatoria, que está dotada con preto de 18 millóns de euros, un 26% máis que o consignado na convocatoria anterior

05/02/22 | 12:14

A Xunta e A Laracha cooperan na execución das obras de mellora da contorna do campo da feira de Paiosaco, que se licitarán en breve

Os traballos consistirán na ampliación das beirarrúas para definir uns espazos máis accesibles e seguros para os peóns

05/02/22 | 12:06

A Xunta adxudica por case 180.000 euros o servizo para obter as bases topográficas dos concellos de Ames, As Pontes, Cee e Coirós

O contrato enmárcase no Programa de apoio cartográfico subscrito o pasado verán entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Fegamp e as catro entidades locais

04/02/22 | 13:44

A Xunta colaborará coa Veiga na tramitación da primeira área de rehabilitación integral do concello

Ángeles Vázquez indica que o primeiro paso é delimitar o ámbito que abarcaría a ARI, xa que este tipo de figura non integra a totalidade do ámbito municipal

01/02/22 | 17:46

Medio Ambiente asesorará ao Concello de Cortegada na adaptación do contido do Plan especial termal ao instrumento de ordenación municipal

Encarnación Rivas trasladoulle a necesidade de revisar as actuacións de urbanización previstas no documento para o desenvolvementos dos usos termais e analizar o encaixe no PXOM, aprobado con posterioridade

31/01/22 | 12:02

A Xunta aproba o Plan de actuación cartográfica para este ano, cun orzamento previsto de 6,1 M€

Entre as prioridades de actuación, Ángeles Vázquez subliña a posta en marcha dun novo xeoportal que aglutine a información espacial, a finalización do Rexistro cartográfico de Galicia, a elaboración do Nomenclátor xeográfico ou a actualización do Atlas climático