Hemeroteca
Noticias publicadas antes de 2023
A Xunta destinará 18 M€ para fomentar a mobilidade sostible na área da Coruña e máis de 3 M€ para impulsar unha estrutura flotante no Parrote destinada a baño e actividades de ocio
Salienta un investimento de 8M€ para a adquisición de equipamento para a Fase 0 do novo CHUAC; e outros 8 millóns adicionais para a adquisición de catro TAC, dúas salas de hemodinámica, unha resonancia magnética, un equipo de anxiografía vascular e un equipo de anxiografía neurorradiolóxica
Fernández-Tapias entrega dúas novas vivendas no casco vello vigués
Trátase do segundo e terceiro andar da rúa Berbés 29, unha das últimas promocións do organismo rehabilitador na fachada marítima do barrio histórico
A Xunta pide ao Goberno central desbloquear o Plan estatal de vivenda e o Bono mozo para axilizar as convocatorias de máis de 26 M€ de axudas ao alugueiro
Ángeles Vázquez sinala que as comunidades autónomas non poden publicar as ordes correspondentes mentres non se transfiran os fondos de cada programa e non se asinen os convenios de colaboración
Fernández-Tapias lémbralle ao Concello de Vigo que ten sen executar 6 millóns de euros para a recuperación das 8 áreas de rehabilitación de Vigo
Os beneficiarios dos fondos son os propietarios de inmobles emprazados no Casco Vello, Casco Histórico de Bouzas, rúas Bueu-Moaña (Coia), Grupo Santa Clara, Espiñeiro-Teis, Beiramar, San Roque e San Pablo
A Xunta recibiu xa máis de 600 solicitudes para as dúas liñas de axudas convocadas este ano en materia de rehabilitación enerxética de vivendas
Convocaranse tamén subvencións por máis de 1,5 M€ dirixidas a mozos que compren a súa vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes, un programa ao que poden optar os veciños de 6 concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes
A Xunta invita ás comarcas de Deza e Tabeirós a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda
Este é o terceiro encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Pontevedra e terá lugar o luns, 4 de abril, ás 10,30 h, na Estrada, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
A Xunta convocará axudas por 23 M€ para dinamizar as áreas de rehabilitación integral e outras zonas residenciais
Tras a decisión do Goberno central de suprimir as axudas das ARI, Heriberto García explica que, grazas ás xestións de Galicia, o financiamento para seguir rehabilitando inmobles nestas zonas e nas áreas Rexurbe sairá do novo programa a nivel de barrio
A Xunta concede unha axuda de 15.000 euros para rehabilitar unha infravivenda en Antas de Ulla
Os traballos subvencionables teñen como finalidade evitar o risco de derrubamento do chan da planta alta do inmoble, así como o seu acondicionamento interior
Fernández-Tapias anuncia o inicio do proceso de selección de adxudicatarios para Subida ao Castelo 9
Trátase de dúas novas vivendas pareadas (tipo triplex), con entrada independente, nunha edificación en tres alturas na parte alta do barrio histórico vigués
A Xunta destina máis dun millón de euros para impulsar un novo barrio sostible e eficiente en Cenlle que serve de exemplo de construción responsable
Ángeles Vázquez anuncia que a Consellería ten previsto construír 6 vivendas de madeira nos concellos de Oímbra e Pontedeva