Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avanza na configuración dun catálogo de Formación para o Emprego para adaptalo ás necesidades do tecido produtivo
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou no IX Encontro de Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia-Norte de Portugal
O Bono Activa Comercio da Xunta esgótase en tan só tres días, con máis de 166.000 descargas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, lembrou hoxe na Coruña que os beneficiarios teñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade, contribuíndo así á súa dinamización
A Xunta e os principais axentes socioeconómicos coinciden na importancia de sumar esforzos para que os proxectos estratéxicos para Galicia acaden fondos europeos
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron esta tarde un encontro cos integrantes da Mesa do Diálogo Social
Os orzamentos da Vicepresidencia económica medran un 12%, ata os 524 M€, co obxectivo de impulsar a Axenda industrial para a Galicia de 2030
Trátase de promover a transformación enerxética e dixital do modelo produtivo e, para iso, a Xunta de Galicia vai poñer á disposición do tecido empresarial todos os incentivos e as medidas de acompañamento necesarias para desenvolver proxectos innovadores e sustentables
A Xunta reforza con máis de 500 M€ adicionais actuacións para apoiar ás persoas e impulsar a competitividade
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento
A Xunta colabora co concello da Arnoia na adquisición dun vehículo para a brigada ambiental
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe a localidade, que recibiu unha achega de 20.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental
As contas de 2023 da Xunta incluirán preto de 5,5 M€ para apoiar a promoción e a fortaleza dos produtos agroalimentarios galegos
Rueda recalca que nos Orzamentos tamén se incorporarán máis de 3 millóns para divulgar os produtos do mar nunha quincena de eventos nacionais e internacionais
Conde enmarca a planta de metanol verde de Foresa e Iberdrola en Caldas na aposta de Galicia pola sustentabilidade industrial
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salienta que a iniciativa Green Umia, que ambas as dúas empresas están proxectando integra nunha mesma localización a produción e uso industrial de hidróxeno para a posterior obtención de metanol verde
A Xunta apoia 29 proxectos de pemes galegas para integrar o deseño como panca de innovación e sostibilidade
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe a empresa lucense A-Vida Revestiments, participante na primeira edición de DeseñaPeme
Martina Aneiros anima aos consumidores de Ferrolterra a facer as súas compras no comercio de proximidade a través do Bono Activa Comercio
O Goberno galego destina 5 millóns de euros a esta iniciativa na que espera que participen 160.000 persoas