Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

18/06/21 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convocará un concurso de ideas para definir o proxecto da nova sede do Imelga en Santiago

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Goberno galego está a elaborar un convenio no marco da colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

09/06/21 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta remata as obras da gardería na Cidade da Xustiza e ultima as plantas da torre que albergarán os xulgados

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, visitou xunto con representantes do Colexio de Avogados e o Colexio de Procuradores de Vigo os avances nas obras da Cidade da Xustiza

04/06/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e Ramón Conde presentan “Acordo Xusto”, a obra do escultor que coroará a praza pública da Cidade da Xustiza

A delegada territorial da Xunta en Vigo e o artista mostran unha recreación do tótem que deberá estar finalizado antes de que rematen as obras da infraestrutura xudicial

01/06/21 | 20:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Comisión superior de Dereito Divil rexeita a tributación das transmisións sucesorias en vida que propón o Goberno central

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión deste órgano consultivo que elaborará un pronunciamento no que se exporán os motivos do rexeitamento e que se enviará aos grupos parlamentarios

01/06/21 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aboará máis de 810.000 euros aos colexios de avogados a polos servizo de orientación xurídica gratuíta

O DOG publicará mañá a orde pola que se transfire o 8% do total devindicado para ao seu reparto entre os respectivos colexios profesionais galegos

31/05/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e na dotación de equipamento do xulgado de Paz de Ponteceso

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe co alcalde un convenio de colaboración para levar a cabo estas actuacións que repercutirán en ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns

25/05/21 | 17:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As obras da Cidade da Xustiza chegan aos 260 traballadores diarios en quendas das 07,00 ás 23,00 horas

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañou ao presidente da Audiencia Provincial pontevedresa, Javier Menéndez, e a un grupo de maxistrados das súas 2 seccións na visita ao edificio que unificará os órganos xudiciais da cidade

19/05/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementou máis dun 50% a inversión nos xulgados galegos na última década malia coincidir cos peores anos da crise económica

As novas creacións entre 2009 e 2021 ascenden a 26 xulgados, 12 prazas de maxistrado e 9 xuíces de adscrición territorial

14/05/21 | 13:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amosa á fiscal xefe da área de Vigo o desenvolvemento das obras da Cidade da Xustiza coa que culminará o plan de infraestruturas xudiciais

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitaron esta mañá o edificio xunto a un grupo de fiscais

09/05/21 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 1M€ o subministro de mobiliario para os xulgados galegos, incluída a Cidade da Xustiza de Vigo

O Goberno galego dotará aos órganos xudiciais da comunidade do equipamento necesario para levar a cabo as súas funcións