Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

14/09/21 | 13:06 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O novo marco galego de competencias dixitais fortalecerá a capacitación do persoal empregado público e sitúa a Galicia na vangarda da adaptación aos estándares europeos

A directora da Amtega, Mar Pereira, e a directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, inauguran a XI edición do Curso Superior de Administración Electrónica, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia (CPEIG)

14/09/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inaugura a primeira edición para as ONGD galegas do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, remarca a importancia desta edición como parte do compromiso da Xunta de apoiar a formación dos axentes de cooperación e de facilitar o seu acceso a novas fontes de financiamento internacional

14/09/21 | 12:50

A Xunta estudará implicarse nun proxecto do concello de Paradela para recuperar elementos patrimoniais no núcleo tradicional de Pacios

A Consellería tamén analiza a posibilidade de colaborar co Goberno municipal para poñer en valor varios sendeiros no Espazo natural de interese local (ENIL) Loio-Ruxidoira

14/09/21 | 12:43

Os axentes do Parque das Illas Atlánticas denuncian a dous mergulladores por pesca submarina con fusil en Ons

Fixeron varias inmersións desde punta Centolo, seguindo a liña de costa, e taparon o número de folio e nome da embarcación para evitar ser identificados

14/09/21 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solicita ao Parlamento a celebración do Debate de Política Xeral nunha sesión plenaria do vindeiro mes de outubro

A petición xa foi rexistrada na Cámara galega e o propio vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda comunicoullo persoalmente ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices

14/09/21 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o ensino cunha inxección de 140M€ e 2.095 docentes para blindar a seguridade sanitaria e a calidade educativa neste curso de transición

Román Rodríguez recalca que o sistema educativo galego vai contar “con todos os recursos necesarios” para manter os estándares acadados na última década

14/09/21 | 12:08

A Xunta formará e dará opción a traballar a 212 persoas desempregadas na comarca da Coruña grazas a un investimento de 3,8M€

O Goberno galego destina este ano un orzamento 11,3 millóns de euros para os obradorios duais e os de garantía xuvenil da provincia é o máis alto da década

14/09/21 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia destina máis de 47.000 euros á renovación da escola infantil de Campolongo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o centro para comprobar de primeira man o resultado das melloras efectuadas

14/09/21 | 11:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e as asociacións de orquestras de verbena planifican o reforzo do apoio ao sector cunha nova serie de concertos dentro do Xacobeo 21-22

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e os representantes da Asociación Galega de Orquestras e da Asociación de Empresas da Verbena de Galicia mantiveron onte a terceira das súas reunións semanais para deseñar a ampliación da dotación e do centenar de actuacións e probas piloto incluídas no convenio asinado en xullo