Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

08/01/20 | 12:58 | C. do Medio Rural

A Xunta incide nos beneficios da futura Lei de recuperación da terra para as explotacións gandeiras e as razas autóctonas

José González destacou a importancia da creación dun Banco de Explotacións para o sector gandeiro e dos mecanismos de mobilización voluntarios que permitan unha maior participación dos interesados no aproveitamento das terras

07/01/20 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta convocará este mes a primeira poxa do leite producido nos dous centros públicos con explotación leiteira

Trátase do propio Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e do centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Sergude

06/01/20 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destinará 12 M€ na próxima convocatoria de axudas para a mellora de camiños municipais que favorezan o acceso a parcelas agrarias

O obxectivo deste plan é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e outras infraestruturas, sobre todo daquelas que dan acceso ás parcelas agrarias

03/01/20 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a contribución da medida Leader ao desenvolvemento económico e social de Galicia

O director xeral de Agader visitou en Lalín o centro de negocios posto en marcha grazas a unha axuda do Leader de 200.000 euros, xestionados polo Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Norte

03/01/20 | 11:42 | C. do Medio Rural

Un total de 2 cooperativas agrarias da Coruña recibiron no 2019 máis de 125.000€ en axudas da Xunta para o fomento do uso de maquinaria en réxime asociativo

Ovidio Rodeiro destacou que os principais obxectivos que perseguen estas axudas son a utilización de maquinaria de forma comunitaria, así como fomentar o uso de novas tecnoloxías e o aforro enerxético

03/01/20 | 11:26 | C. do Medio Rural

Tres empresas de Ferrolterra beneficiaranse de máis de 111.000 euros das axudas de transformación de produtos agroalimentarios

Rodeiro destacou que estas achegas permiten ás empresas medrar e aumentar a súa capacidade produtiva para ser máis competitivas

02/01/20 | 12:46 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da medida Leader para dinamizar o rural galego con proxectos que xeran riqueza e emprego

O director xeral de Agader visitou hoxe unha destas iniciativas, no concello coruñés de Noia, que recibiu unha axuda de 200.000 euros para a posta en marcha dun obradoiro de panificación  

02/01/20 | 11:25 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal no concello lugués do Incio, parroquia de San Salvador do Mao

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de 29,8 hectáreas