Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de reforma do CRA Monterrei
Gabriel Alén subliñou o esforzo inversor da Xunta en materia educativa e lembrou que no CRA Monterrei leva investido dende 2021 preto de 174.000 euros
Un total de 434 universitarios de Galicia acadan os Premios de Excelencia Académica
Son 24 estudantes máis ca na convocatoria anterior
A Xunta convoca as axudas para a contratación de 15 estudantes de doutoramento en empresas e centros tecnolóxicos
Este programa, ao que se destinan preto de 2 millóns de euros nesta segunda edición, está dirixido ao tecido empresarial e a centros de innovación e tecnoloxía, financiando os custos de contratación da persoa doutoranda, estadías no estranxeiro e gastos relacionados co proxecto tanto na universidade como na empresa
A Xunta incrementa nun 30% a achega por cada menú das axudas ás Anpas que xestionan comedores escolares
O obxectivo é frear o impacto que a inflación ten na prestación do servizo
A Xunta e a UVigo poñen a disposición dos programadores culturais unha aplicación web para facilitar información accesible
O recurso CIMA permite crear folletos informativos baseados en textos sinxelos e pictogramas
O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos da área metropolitana da Coruña con máis de 2,3 M€
Trenor visitou o CEIP da Castellana de Aranga no que a Xunta investiu 216.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro
A Xunta destina preto de 190.000 euros á mellora das escolas infantís Sagrado Corazón e Paradai de Lugo
Na escola infantil Sagrado Corazón reconfigurarase a zona de xogos, para o que se destinarán preto de 70.000 euros
Xunta e sindicatos pechan a oferta de 1.156 prazas do concurso de méritos, que se convocará este mes e se resolverá durante este curso académico
As persoas interesadas terán un prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación da no Diario Oficial de Galicia para presentar a súa solicitude e méritos
A Xunta amplía ata o 24 de outubro o prazo para que a mocidade do exterior solicite as bolsas para retornar a Galicia e cursar FP de nivel básico
Trátase do programa ‘Retorna Mocidade’, do que poderán beneficiarse 54 mozos que recibirán unha bolsa 6.500€ de apoio económico para a viaxe, o aloxamento e a manutención durante o próximo curso 22-23