Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Trenor participou na presentación do festival Atlantic Bridge Jazz - Portus Apostoli incluido no programa "O teu Xacobeo"
Os concertos terán lugar o 14 de xullo en Vitoria e o 17 de xullo en Noia
Anxo M. Lorenzo agradece á Casa Museo de Rosalía o seu compromiso coa divulgación do legado literario da escritora nos seus 50 anos de historia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación das actividades de conmemoración que se celebrarán ata xullo de 2022 co apoio da Xunta e que arrancan coa apertura de visitas virtuais en catro idiomas
A segunda edición do fondo de proxectos culturais Xacobeo bota a andar coa música de Óscar Ibañez & Tribo e un obradoiro de danza de Kirenia Martínez
Este domingo comezan as actividades dos primeiros artistas beneficiarios da segunda convocatoria enmarcada no Plan de Reactivación Cultural da Xunta
Autores noveis comparten na residencia literaria do Gaiás dúbidas creativas con Sara Mesa e Berta Dávila
Dez escritores emerxentes participan ata o 16 de xullo nesta estadía, encadrada nas ‘REGA’ (Residencias Artísticas do Gaiás) e dirixida polo autor galego Javier Peña
O concurso Peregrinos Musicais reúne a seis intérpretes internacionais co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación dos finalistas que competirán en setembro por un premio final de 1.000€ e a actuación como solista coa Real Filharmonía de Galicia
A Xunta reforza o Centro Dramático Galego como motor de creación escénica con máis de 123 funcións en 2021 e proxectos en máis dun cento de concellos
Neste último ano, especialmente difícil para o sector cultural polas restricións derivadas da pandemia, apostouse pola produción de espectáculos co foco posto na vocación de servizo público e no compromiso co sector
A Xunta colabora no regreso aos escenarios da banda de rock galego Os Resentidos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Antón Reixa presentaron o primeiro concerto da xira Operación Nautilus, que acolle Portosín este sábado
A Xunta convoca unha nova edición dos Premios da Cultura Galega en todas as súas modalidades
Os galardóns recoñecen a excelencia creativa nos campos das Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
A Xunta e a Fundación Paideia anuncian o encontro internacional "Carta de Santiago" para promover a reflexión sobre os retos da cultura e a sociedade do futuro
O titular de Cultura do Goberno galego definiu esta cita como unha “oportunidade única para visibilizar e ampliar a esfera de relevancia de Compostela, a Cidade da Cultura e o Xacobeo, vencellado historicamente a ideais de concordia e diálogo”
Galicia blinda o futuro do seu patrimonio e cultura marítima co deseño dun plan de acción ata 2030 para a súa protección
A colaboración entre a Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a súa fundación permitirá elaborar o documento no que se recollerán as liñas estratéxicas, iniciativas e medidas a adoptar no período 2021-2023 e nos seguintes anos coa finalidade de preservar a riqueza marítima da comunidade