Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

15/08/21 | 11:34

Máis do 95% dos concellos galegos coñecen o contido e alcance das Directrices da Paisaxe

Ao longo dos últimos meses o director do Instituto de Estudos do Territorio celebrou 26 encontros informativos para atender as dúbidas das administracións locais respecto desta ferramenta de protección da paisaxe galega

15/08/21 | 11:01 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Monforte de Lemos un curso sobre tratamentos fitosanitarios ecolóxicos con drons en oliveiras

A acción formativa ten previsto impartirse o vindeiro sábado 21 de agosto en horario de 9:00 a 15:00 horas

15/08/21 | 10:22 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 14.055 casos activos por coronavirus

Un total de 153.909 pacientes xa están curados

15/08/21 | 09:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta duplica o orzamento para colaborar cos concellos galegos máis turísticos no reforzo da súa policía local durante a tempada de verán

O Goberno galego achega ata 145.000 euros aos concellos de Sanxenxo, O Grove, Baiona, A Guarda, Miño, Poio, Nigrán, Cambados, Cangas, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Tui e Vilagarcía de Arousa

15/08/21 | 09:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia 85 proxectos postos en marcha pola mocidade ao abeiro do programa Iniciativa Xove

O Goberno galego leva investidos 6 millóns de euros nesta medida que ofrece axudas de ata 5000 euros a cada idea

15/08/21 | 09:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia convoca un novo programa de axudas para incentivar as vendas no comercio a través de campañas de dinamización

O Goberno galego acaba de poñer en marcha a convocatoria do ticket de dinamización comercial que estará aberta ata o próximo 10 de setembro

Os apoios permitirán atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos aos consumidores

14/08/21 | 20:31 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 205 hectáreas, das que 190 son arboradas e o resto de monte raso

14/08/21 | 17:56

A Xunta enxalza en Ribadeo o deporte como un motor de cambio para acadar a igualdade real

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu na localidade lucense á entrega do trofeo de fútbol Emma Cuervo, que na súa 70ª edición estende este título á categoría feminina