Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez subliña o compromiso da Xunta coa recuperación da fachada marítima da Coruña, coa maior achega económica e unha folla de ruta completa para a urbanización dos peiraos
A Xunta formulou un acordo con todas as administracións implicadas, comprometéndose a achegar o 51% do custo para garantir a titularidade pública dos terreos, poñendo como mínimo 20 M€, xa comprometidos en 2018
Galicia avanza na tramitación das dragaxes dunha trintena de peiraos ao contratar a redacción dos seus estudos previos
Portos de Galicia vén de contratar este servizo por importe de 1,3 millóns de euros e cunha duración de dous anos prorrogables ata tres
Luis López reúnese coa asociación de veciños de Raxó para informarlle do estudo para a mellora da súa zona portuaria
O delegado territorial confírmalles que Portos de Galicia está a analizar distintas vías de colaboración co Concello de Poio para a remodelación da contorna litoral de Raxó-Covelo
Feijóo celebra a apertura do peirao de Transatlánticos á cidadanía e defende que os espazos gañados benefician aos coruñeses
Reivindica a necesidade de abrir un espazo para a concordia política e convida a todas as administracións a traballar na procura de entendemento
A Xunta inviste máis de 200.000€ na recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños na ría de Noia
O delegado da Xunta visitou a zona na que se están levando a cabo os traballos de limpeza que benefician tanto aos profesionais do sector como á cidadanía da súa contorna
O alumnado de mergullo do Igafa realiza en Ferrol as correspondentes prácticas de inmersión en campá húmida
Esta formación, que comezou o 15 de marzo e se impartirá ata o 26 deste mes, consiste na aprendizaxe de técnicas e protocolos de inmersión desta ferramenta de mergullo
Medio Ambiente colabora cos portos galegos para reforzar a súa seguridade a través dos sistemas de avisos e incidencias meteorolóxicas
Galicia conta cun total de 157 estacións meteorolóxicas, o que se traduce en máis dun milleiro puntos sensoriais de medicións