Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

28/01/20 | 16:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia abre unha nova unidade na escola infantil de Carril e reincorpora ao persoal trasladado

Informouse ás familias desta medida coa que o centro volverá contar cun cadro de persoal de 12 profesionais de atención educativa, por encima do que esixe a normativa

28/01/20 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achegará 120.000€ para a construción dun centro social interxeneracional en Coristanco

O Concello acondicionará un inmoble sen uso para dotar o municipio dun novo recurso para maiores e mozos

28/01/20 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta seguirá creando novas prazas públicas de dano cerebral en Galicia

O Goberno galego multiplicou por cinco as prazas públicas para a atención ao dano cerebral adquirido durante os últimos dez anos ata chegar ás 125 en toda Galicia

27/01/20 | 12:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta mantén abertas este ano as axudas do Bono Eléctrico galego que garanten a subministración nos fogares con máis dificultades

O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presentou hoxe en rolda de prensa os apoios dirixidos aos consumidores que máis o necesitan para que poidan pagar a factura da luz

25/01/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social visita a residencia de Vila do Conde de Gondomar, á que destina 713.000 euros anuais

O Goberno galego incrementou nun 5,2% o orzamento dedicado neste 2020 á atención á dependencia

25/01/20 | 10:17 | C. de Política Social e Igualdade

Abre o prazo de presentación de ofertas para a xestión de dous centros de atención a menores da Coruña

Trátase das instalacións Concepción Arenal e o de intervención educativa en medio aberto (CIEMA), actualmente xestionadas pola Fundación Camiña Social

24/01/20 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste 170.000 euros nos programas de inclusión social da entidade viguesa Emaús, o dobre que hai dez anos

Fabiola García destaca o compromiso do Goberno galego coas persoas en situación de especial vulnerabilidade para o que elaborou o primeiro Plan de Atención ás Persoas Sen Fogar

24/01/20 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo de axudas para consolidar os servizos de atención temperá xa existentes e implantar outros novos

Increméntase un 45% o montante global das achegas, que acadan os 3 millóns de euros

23/01/20 | 14:54 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que Galicia será a primeira autonomía en ter unha Lei de impulso demográfico que destinará 800 M€ anuais para facer da comunidade o mellor lugar para as familias

Asevera que é produto dun proceso de reflexión e diálogo, e suporá un marco para as iniciativas demográficas que o Goberno galego, as demais Administracións públicas e os axentes privados deberán seguir levando a cabo nesta década

23/01/20 | 12:49 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social destaca os avances realizados cara á universalización da educación de 0 a 3 anos en Galicia

No mes de febreiro incorporaranse preto de 300 nenas e nenos ás escolas despois do período extraordinario de matrícula