Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

23/01/20 | 12:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destinou o ano pasado 16,5 millóns de euros ao Servizo de Axuda no Fogar para máis de 4.100 persoas en situación de dependencia en Lugo

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que a Administración autonómica vén de facer efectivo o pago do cuarto trimestre do SAF, que a Xunta subvenciona nos 67 concellos da provincia

22/01/20 | 14:46 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia axudas de ata 9.000€ para que o autónomo que acabe de ter un fillo poida contratar un traballador que o substitúa e financiar o 75% da escola infantil do primeiro fillo no primeiro ano

Precisa que este apoio será de 6.000 euros para a contratación dun traballador que substitúa ao pai ou nai autónomo que acabe de ter un fillo e de 3.000 euros para financiar o 75% da escola pública durante o primeiro ano

22/01/20 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social financia 46 programas no campo da familia, a infancia e a dinamización demográfica con cargo ao 0,7% do IRPF

Destínase máis dun millón de euros, un 10% máis que na convocatoria anterior, a apoiar intervencións de 26 entidades neste ámbito

20/01/20 | 17:42 | C. de Política Social e Igualdade

Balseiro destaca que a Xunta destina 767.000 euros a apoiar programas de catro entidades luguesas para impulsar o “reequilibrio e a vertebración social”

O delegado territorial da Xunta en Lugo e representantes dos colectivos beneficiarios informaron hoxe das iniciativas de carácter social que levan a cabo con cargo á asignación do 0,7% do IRPF

20/01/20 | 13:38 | C. de Política Social e Igualdade
20/01/20 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social convoca unha nova orde de axudas para a concesión de prestacións por fillos a cargo menores de 3 anos

A dotación desta convocatoria é de 700.000 euros que se distribuirán en axudas de entre 360 e ata 2400 euros

18/01/20 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia achegará 410.000 euros para a construción da nova escola infantil no concello da Guarda

Este novo centro de atención á infancia de 0-3 anos contará con tres unidades e 41 prazas e integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul

18/01/20 | 11:30 | C. de Política Social e Igualdade

O tempo medio de resolución da Risga redúcese en 93 días durante os últimos seis anos

No ano 2019 os expedientes foron resoltos nun tempo medio de 62 días fronte aos 155 do 2013

17/01/20 | 13:09 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García resalta que máis de 200 familias de Lalín poderán beneficiarse da gratuidade das escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos

Investiranse máis de 14 millóns de euros este ano para implantar esta medida pioneira e sen precedentes en toda España da que se beneficiarán as familias duns 12.500 nenas e nenos de Galicia

17/01/20 | 12:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha unha nova orde de axudas para melloras en centros de menores de iniciativa social

O Goberno galego destinará un orzamento total de 625.000 euros nesta convocatoria