Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1597 novas da área temática Benestar:

17/01/20 | 11:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Case 80 asociacións de veciños da provincia de Pontevedra beneficiáronse das achegas da Xunta con máis de 861.000 euros

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reuniuse hoxe con asociacións veciñais, comunidades de usuarios de auga e entidades de mulleres rurais da provincia para darlles a coñecer a convocatoria de axudas para 2020 que poden solicitar ata o 30 de xaneiro

15/01/20 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social felicita ao punto de atención á infancia de Outes polos seus 15 anos de traxectoria

A Xunta de Galicia colabora co mantemento do servizo, para o que no ano 2019 destinou 9200 euros

15/01/20 | 11:56 | C. de Política Social e Igualdade

As achegas autonómicas beneficiaron con case 250.000 euros a 21 asociacións veciñais de Ourense

A delegada territorial da Xunta visitou a entidade veciñal Bo Xesús de Ceboliño que contou cunha axuda de 17.000 euros para a mellora e equipamento do seu local social

15/01/20 | 10:58 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega máis de 100.000 euros ás universidades galegas para desenvolver programas de formación destinados a persoas maiores

Cerca de 3000 galegas e galegos de máis de 65 anos participaron nos diferentes programas que levaron a cabo as tres universidades da comunidade nos seus campus e no rural

14/01/20 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reúnese coa Fegamp e con entidades sociais para avanzar na renovación da Axenda Social Única de Galicia

Destaca que o 96% das medidas recollidas na anterior Axenda son xa unha realidade e contaron cun investimento de 162 millóns de euros

13/01/20 | 15:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel das Casas Niño que neste ano se estenderán a todos os concellos sen servizo de conciliación

O delegado territorial visitou a casa niño de Santiso que abriu o 8 de abril de 2019 e atende a 5 nenos do Concello, o máximo permitido pola orde

13/01/20 | 13:24 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que Galicia lidera o apoio ás familias coa gratuidade das escolas infantís para o segundo fillo e sucesivos

Serán gratuítas tanto as escolas infantís públicas da Xunta como as privadas e as de iniciativa social

11/01/20 | 12:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia investirá 12,9 M€ en programas sociais desenvolvidos por entidades sen ánimo de lucro

A Consellería de Política Social destinará axudas con cargo á asignación do 0,7% do IRPF a 367 programas de carácter social que impulsan 97 entidades en toda a Comunidade

10/01/20 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta dota ao Centro de Atención a Discapacitados Souto de Leixa dunha piscina terapéutica e realiza obras de mantemento

Ovidio Rodeiro, visitou o resultado destas actuacións, que contaron cun orzamento de máis de 350.000 euros procedentes do superávit de 2018