Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez salienta o investimento da Xunta de case 38 M€ na execución de obras de saneamento e depuración no Concello de Pontevedra
Vázquez Mourelle destaca que a capital da provincia acapara case todos os investimentos e obras previstos no marco Plan de saneamento da ría de Pontevedra
A Xunta e a Confederación de Empresarios de Galicia urxen un estudo sobre o impacto da chegada do AVE na actividade dos aeroportos
A conselleira informou ao presidente da patronal galega da demanda formulada pola Xunta ao Ministerio de Transportes de que se prepare o sistema aeroportuario da Comunidade ao novo escenario de mobilidade
A Xunta licita por máis de 430.000 euros as obras para completar e rematar a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, no concello de Mos
As empresas interesadas neste contrato, cun prazo de execución de 4 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 31 de maio
A Xunta dota este ano dun orzamento de máis de 410.000€ ás bisbarras do Condado e a Paradanta para a mellora de camiños municipais ao abeiro do Plan Marco
O delegado territorial, Luis López, anuncia que o Concello de Crecente ten consignados para este exercicio 39.695€ deste programa e supervisa co alcalde, Julio César García-Luengo, a actuación realizada en Carreira e Santa Mariña coa anterior convocatoria, na que se investiron máis de 32.000€
A Xunta presenta ao concello de Cangas as actuacións de renovación e mellora integral da estación de autobuses, que suporá un investimento autonómico de 300.000 euros
O Goberno galego está a ultimar a redacción do proxecto construtivo co obxectivo de iniciar as obras antes de que remate o ano
A Xunta rematará no verán as obras do 'Espazo Amizar', un novo centro administrativo de referencia ao servizo dos cidadáns da Coruña que supón un investimento de máis de 7 M€
A rehabilitación da antiga sede da Consellería de Sanidade habilitará 5.800 m² para usos administrativos da Xunta, a oficina de emprego e locais de entidades sociais
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-226, no concello de Moraña
O contrato, que suporá un investimento autonómico de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 meses
A Xunta alenta aos veciños da provincia de Ourense a solicitar as axudas para emendar os impactos urbanísticos
O delegado territorial destacou que por primeira vez a Xunta convoca unha orde de axudas cunha partida de 1 M€ para emendar e corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos nos concellos galegos
A Xunta mellora as beiravías e a accesibilidade na estrada OU-536 en Castro Caldelas
Os traballos, que veñen de adxudicarse cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
Fernández-Tapias supervisa o remate das obras da senda entre o centro urbano de Salvaterra e Zacoteiras e a mellora da rúa Rosalía de Castro
A Xunta asumiu o custo desta intervención, cun investimento de preto de 682.000 euros, e o concello a titularidade dos dous tramos das estradas PO-400 e PO-402