Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/04/21 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A AXEGA colabora no Máster Universitario de prevención de riscos laborais e riscos comúns da Universidade da Coruña

A Facultade de Ciencias do Traballo, do Campus de Ferrol, imparte o Máster Oficial Universitario de Prevención de Riscos Laborais e riscos comúns

07/04/21 | 17:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López salienta a aposta da Xunta pola internacionalización e difusión dos viños da D.O. Rías Baixas tras destinar 3,9 M€ a promoción nos últimos catro anos

O delegado territorial visita a sede da Denominación de Orixe, no Pazo de Mugartegui de Pontevedra, e reúnese co seu presidente, Juan Gil de Araújo

07/04/21 | 17:05

Galicia recorrerá ante o Tribunal Constitucional a Lei de cambio climático do Estado se o Congreso a aproba coa redacción actual

A Xunta lembra que hai dous informes da Asesoría Xurídica da Xunta e do Consello Consultivo de Galicia que ven inconstitucional o anteproxecto de lei promovido polo Ministerio para a Transición Ecolóxica pola redacción dos artigos 18.3 e 18.4

07/04/21 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Sergas remata as obras de modernización e mellora dos centros de saúde de Covelo e Maceira cun investimento de 102.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, o xerente da área sanitaria, Javier Puente, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, supervisan estas actuacións, que acondicionaron os accesos, a confortabilidade e os servizos dos puntos médicos

07/04/21 | 16:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa na presentación do programa formativo ‘Cultura galega e emigración’ organizado por FUNDEHSGA

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron á videorreunión da iniciativa

07/04/21 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a colaboración entre as administracións locais e a autonómica para a reconstrución de Galicia trala crise sanitaria

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou hoxe en Fisterra no foro “Mirando pola Terra”, centrado nos retos dos concellos ante a nova realidade

07/04/21 | 15:23 | C. de Sanidade

A Xunta de Galicia xa vacinou contra a covid-19 ao 87% das persoas maiores de 80 anos

203.596 persoas maiores de 80 anos xa foron vacinadas, e o 2,63% dos citados deste grupo de idade rexeitaron a vacinación

07/04/21 | 14:56

A Xunta salienta a oportunidade dos fondos europeos para mellorar os ecosistemas e a biodiversidade das zonas Rede Natura 2000, como os Ancares, cun investimento de 15 M€

A recuperación e restauración destes espazos é unha das apostas do Goberno galego na súa candidatura aos ‘Next generation’

07/04/21 | 14:35

A Xunta propón ao Consello Galego das Mulleres abordar a situación das mulleres ante as TICs desde a perspectiva de xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu hoxe de xeito virtual o pleno do Consello Galego das Mulleres

07/04/21 | 14:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Biblioteca de Galicia organiza un ciclo no que 10 escritores galegos compartirán co público as súas influencias literarias

Contarase coa participación, entre outros, de Ledicia Costas, Domingo Villar, María Solar ou María Canosa a través de relatorios abertos ao público