Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta investirá 50.000 € para mellorar as condicións de conservación da ermida de Nosa Señora da Lanzada
O responsable autonómico de Cultura anunciou que o Goberno galego ten xa listo o proxecto e que iniciará o proceso de licitación nas vindeiras semanas
A Xunta conmemora o aniversario do nacemento de Neira Vilas co documental ‘Os Camiños do neno labrego’
O proxecto xurdido por iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas foi realizado pola produtora Noveolas ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22 e amosa un roteiro cultural por Gres, aldea natal do autor
O Arquivo do Reino de Galicia amosa o desenvolvemento das infraestruturas aeroportuarias na comunidade
A mostra ‘Voar dende Galicia’ recolle documentos varios arredor do nacemento dos tres aeroportos galegos e dos pequenos aeródromos
A Xunta presenta os espectáculos de Coque Malla e Sara Baras que terán lugar en novembro na Coruña, na programación do Xacobeo
Gonzalo Trenor destacou que estes dous artistas continúan a programación dun Xacobeo musical que foi excepcional e que deixará pegada entre os coruñeses
A Xunta impulsa máis de 40 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas
Ao longo de novembro haberá obradoiros, experimentos, contacontos, charlas e mostras bibliográficas con material divulgativo arredor da ciencia
A Filmoteca de Galicia súmase ao centenario de María Casares coa proxección das súas películas rodadas en Francia
A retrospectiva dedicada á actriz coruñesa iniciarase o 22 de novembro e incluirá cinco títulos como primeira parte dun ciclo que continuará en decembro
Un total de 174 establecementos e pemes da provincia de Pontevedra súmanse ao 'Bono Cultura 2022' da Xunta
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentou o programa de descontos na Libraría Espazo Lector Nobel da cidade, que xa conta cunha vintena de locais e empresas adheridas a esta iniciativa de incentivo cultural
Esgótanse os 20.000 vales de Bono Cultura da Xunta que xa poden empregarse en máis de 400 establecementos
Os usuarios poden gozar de descontos do 50% en compras de libros, música, entradas para museos, cines, concertos e teatro ata o 31 de decembro
Ponte...nas Ondas! Supera o último trámite previo para poder entrar no Rexistro de Boas Prácticas da Unesco
A candidatura de Galicia e Portugal obtén informe de inscrición favorable, o paso anterior á decisión final do 17 Comité Intergubernamental para a Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial que se celebrará en Rabat a finais deste mes