Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/03/21 | 18:30

Lorenzana avoga por unha reactivación económica igualitaria, plural e sólida para manter o emprego e xerar oportunidades

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, blindou no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta coa dinamización do mercado de traballo galego cara ao futuro e cos colectivos máis vulnerables

24/03/21 | 18:18 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta arredor de 35 hectáreas

24/03/21 | 18:13

A Xunta ofrece a 87 concellos costeiros unha ferramenta para identificar as construcións afectadas pola Lei de cambio climático

Ángeles Vázquez lembra que o Goberno central conta desde hai unha semana co informe sobre a futura norma estatal da Asesoría Xurídica da Xunta, onde advirte de que o artigo 18 é “inconstitucional” e atenta contra a seguridade xurídica

24/03/21 | 17:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Sergas remata a reforma integral e ampliación de espazos e servizos do centro de saúde de Mondariz-Balneario cun investimento de 115.000€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, e o alcalde José Antonio Lorenzo, supervisan a actuación, que permitiu gañar case un 50% da superficie de atención sanitaria

24/03/21 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita a renovación integral do firme en máis de 30 quilómetros da estrada autonómica PO-552 e nun treito da PO-325 por 1,8 M€

O delegado territorial da Xunta, Luis López, anuncia esta actuación de reforzo da seguridade viaria nunha visita a esta vía autonómica no Concello de Oia xunto coa alcaldesa, Cristina Correa

24/03/21 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os maiores expertos para propoñer bonificacións na AP-9 son os galegos, que pagan as peaxes e padecen a súa evolución á alza nos últimos anos

Vázquez Mourelle lembra que a Xunta lle remitiu ao Goberno unha proposta con bonificacións para usuarios frecuentes do 100% na volta e descontos para vehículos pesados e familias numerosas

24/03/21 | 17:23 | C. de Sanidade

A tuberculose descende en Galicia un 80% desde a posta en marcha do programa de prevención e control da enfermidade

Coincidindo co Día mundial da tuberculose, Sanidade informa que o 96,4% dos pacientes que iniciaron tratamento en 2019 xa se curaron, unha porcentaxe moi por riba do obxectivo da OMS que é do 85%

24/03/21 | 17:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e o Igape analizan vías de colaboración e proxección económica cos empresarios galegos do Uruguai

Antonio Rodríguez Miranda trasladoulles a implicación da administración autonómica no apoio aos galegos do exterior así como a actual Estratexia Retorna

24/03/21 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta está a tramitar máis de 7.000 denuncias recibidas por sancións de competencia municipal relacionadas coa covid e xa notificou un millar aos presuntos infractores

O 58% dos concellos galegos adheríronse ao acordo asinado coa Fegamp para a xestión das sancións por infrinxir as restricións derivadas da pandemia