Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O conselleiro do Medio Rural reuniuse co alcalde de Entrimo para avanzar na potenciación da súa riqueza forestal
José González explicoulle ao rexedor as posibilidades que abre a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para mellorar a xestión dos terreos agrogandeiros e forestais
A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de remodelación integral do parque de San Martiño de Carballo, parte do Plan de xestión do risco de inundacións no río Anllóns
Os traballos, adxudicados por preto de 18.000 euros, teñen un prazo de 2 meses
A Fundación Galicia Europa clausura o curso de especialización en financiamento comunitario ao que asistiron representantes de medio centenar de entidades locais e deputacións
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, pechou a décimo primeira edición de “TecEuropa”, destinada ás entidades locais
Galicia reivindica ante o Goberno central que teña en conta o criterio das comunidades no deseño e redacción de medidas claves como a futura Lei de cambio climático
A Xunta apela ao seu coñecemento profundo do territorio para rexeitar de novo que o Executivo empregue esta norma para modificar a Lei de Costas con relación ás concesións en dominio público e esixe que elimine estes artigos lesivos
A Xunta pon en marcha unha nova ruta de bus de Muras a Viveiro os martes e os xoves laborables polas mañás
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o novo servizo funcionará desde a próxima semana, con saída de Muras ás 7.45 horas e regreso ás 15.15
Xunta e Deputación pechan o plan funcional do Centro Galego de Innovación da FP en Ourense
O centro será o principal espazo de referencia da nova Estratexia de Formación Profesional 2021-2025
A Xunta solicítalle ao Goberno de España que simplifique os trámites para autorizar obras de saneamento imprescindibles en Pontevedra, Pontedeume, Burela, Foz e Viveiro
Vázquez Mourelle lembra que a autorización para a construción do novo emisario submarino da ría de Pontevedra foi solicitada en maio de 2018 e aínda non foi emitida debido ás múltiples demandas de documentación do Ministerio
Galicia rexistra un total de 2.931 casos activos por coronavirus
Un total de 109.165 pacientes xa están curados