Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Auga:

25/05/22 | 18:57 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta continua traballando co Estado na loita antidopaxe

O secretario xeral para o Deporte e o director da CELAD repasaron o traballo realizado e os obxectivos marcados para o futuro na ‘Xornada de actualización Antidopaxe’ celebrada de xeito virtual a través da aula virtual da Escola Galega do Deporte coa colaboración da Unión de Federacións Deportivas Galegas

25/05/22 | 16:04 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta patrocina con 5.000 euros o Arousa Fútbol 7 que comeza a súa fase final este venres

O torneo que se celebra en Ribadumia conta “cun dos mellores carteis de fútbol base do mundo” configurado por equipos procedentes de España, Portugal, Bélxica, Francia, Inglaterra e Estados Unidos entre os que destacan o Real Madrid e o Barcelona, o Benfica e o Porto, o Genk, o París Saint Germain, o Manchester City ou o Dallas

23/05/22 | 16:35 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete sitúa a Galicia na vangarda dos deportes náuticos co centro de vela, o complexo de regatas de Verducido e os dous nades de surf e piragüismo

Na presentación da Semana Azul organizada por ARIVEN do 30 de maio ao 5 de xuño e que contará con actividades de vela, pádel surf, remo (banco fixo e móbil) e surf

22/05/22 | 11:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura volve celebrar na súa contorna a festiva e colorida carreira ‘Holi Gaiás’ o 4 de xuño

Xa están á venda os mil dorsais para participar nesta cita deportiva de carácter lúdico en Ataquilla.com e no Museo Centro Gaiás

20/05/22 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Fernández-Tapias destaca a dimensión internacional da alianza do Xacobeo e a 52 Super Series Baiona Sailing Week

O Monte Real Club de Yates acollerá aos nove equipos que debutarán na contorna do Parque Nacional das Illas Cíes na que está considerada unha das competicións máis importantes do mundo xunto á Copa América e a Volvo Ocean Race

A representante autonómica emprazou ás tripulacións participantes a converterse en embaixadoras do Camiño e a riqueza de Galicia nos seus países de orixe

20/05/22 | 13:54 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o ciclismo como 'bolsa de novos valores' na presentación da Mini BTT Concello de Ribadumia que xuntará a 500 nenos e nenas

Lembra os cinco centros BTT de Turismo de Galicia, así como os pump track indoor instalados pola Secretaría Xeral para o Deporte no Complexo Deportivo de Monterrei en 2021 e nas dependencias do Club Ciclista Maceda en 2016

18/05/22 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o KiteFest Cesantes como un “espectáculo único” que converte a ría de Vigo en capital náutica

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores na presentación do acordo de colaboración para unha nova edición da proba na enseada de San Simón

18/05/22 | 11:02 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra o ascenso do Pontevedra C.F. á Primeira Federación e resalta a súa contribución ao prestixio do fútbol galego

“O fútbol galego está de moda e hai que seguir soñando para encarar os retos que veñen”, afirma, convencido de que quedan aínda moitas alegrías por recibir neste deporte

12/05/22 | 20:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

O novo núcleo de adestramento especializado de hóckey, en Ourense, impulsará a moitos nenos e nenas a ser ‘grandes técnicos, grandes árbitros e grandes xogadores’

O obxectivo é que os esforzos materiais e orzamentarios -a partida para a federación galega increméntase nun 162%- véxanse reflectidos tamén nun incremento das licenzas deportivas que hoxe transitan polas 700