Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/02/21 | 13:02 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.399 casos activos por coronavirus

Un total de 77.135 pacientes xa están curados

04/02/21 | 12:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aproba Plans de Infraestruturas Rurais para os concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón cun investimento de 120.000€

As obras consistirán no reforzo da plataforma en varias pistas da capital dezá, a mellora de camiños en Vistuíde e a dotación de nova pavimentación en diversas vías do lugar da Gouxa

04/02/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor entregou as tendas de campaña para emerxencias a 19 agrupacións de Protección Civil da provincia

O delegado da Xunta informou que ata o 19 de febreiro está aberta a convocatoria da orde de axudas para gastos de funcionamento das agrupacións de protección civil

04/02/21 | 12:24

A tempada de pesca fluvial galega de 2021 comeza o vindeiro 21 de marzo e rematará o 31 de xullo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Orde na que se definen as normas para a pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma para a vindeira tempada

04/02/21 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que o novo servizo municipal de Noia permitirá reducir os tempos de resposta e mellorar a cobertura das emerxencias na zona

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicaron hoxe a posta en funcionamento do novo servizo de emerxencias que atenderá aos municipios de Noia, Lousame e Porto do Son

04/02/21 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a través do programa ReAcciona 14 proxectos para mellorar a competitividade das pemes lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as axudas suman 52.000 euros e enmárcanse na terceira convocatoria desta iniciativa en 2020

04/02/21 | 12:05

Galicia lamenta a falla de sensibilidade de Bruxelas na fixación das cotas de pesca para 2021 en plena pandemia pola covid-19

O Executivo galego cualifica de sumamente decepcionante o resultado obtido no Consello de Ministros de Pesca da UE de decembro pois só se mellorou un 0,75% a proposta inicial da Comisión Europea tras moitas horas de negociación