Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 108 novas da área temática Cooperación:

04/11/22 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo avoga por traballar en proxectos conxuntos entre Galicia e o Norte de Portugal para as convocatorias do novo POCTEP

O vicepresidente segundo da Xunta participou hoxe na presentación das novidades do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal para o período 2021-2027, o maior programa de cooperación transfronteiriza da Unión Europea

02/11/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incrementa o vindeiro ano nun millón de euros a contía destinada ao Plan Anual da Cooperación Galega

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe un encontro con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento para afondar nas actuacións previstas en 2023

28/10/22 | 19:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta agradece aos voluntarios europeos do programa XacobeAndo o seu apoio ao Camiño

A través desta iniciativa, arredor de 80 mozas e mozos procedentes de oito países distintos realizaron desde o pasado verán actividades nas rutas Xacobeas en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sostible e Camiño dixital

02/10/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a atención á poboación afectada polo furacán Fiona na República Dominicana

A actuación enmárcase nos acordos de resposta ante emerxencias e suporá unha achega de 16.000 euros para a distribución de alimentos e artigos de hixiene, entre outras actividades

14/09/22 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia un ano mais a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

15/08/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa o convenio con Farmamundi para a atención e protección da poboación feminina afectada en Etiopía polo conflito en Tigray

Desenvolverase en colaboración con WE-Action, socio local da organización, e suporá unha achega de 15.000 euros
 

05/08/22 | 18:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o compromiso social de ‘Equiocio’ durante a celebración do seu certame hípico

En concreto, fixo entrega do premio na categoría ‘Consellería de Política Social e Xu-ventude’ e visitou os postos de distintas entidades sociais no marco deste programa
 

01/08/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coa cooperación ao desenvolvemento co novo plan director para o período 2023-2026

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento

13/07/22 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso para dar resposta ás necesidades máis urxentes da poboación saharauí

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, recibiu esta mañá á gobernadora da wilaya de Bojador dos campamentos de refuxiados saharauís, Azza Bobih

10/07/22 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financia con máis de 5,4 M€ unha trintena de proxectos de cooperación para o desenvolvemento levados a cabo por ONGD e outros axentes

A resolución da convocatoria de axudas deste ano apoia iniciativas no Salvador, República Dominicana, Guatemala, Bolivia, Nicaragua, Honduras, Perú, Ecuador, Mozambique, Cabo Verde, Guinea Bissau e India