Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Xuventude:

02/12/22 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa varias obras complementarias da parcelaria de Mondoñedo Norte

As actuacións serán de mellora, adecuación e ampliación de diferentes camiños da concentración
 

01/12/22 | 18:48

A Xunta avoga por un enfoque integral da planificación urbanística para acadar territorios máis sostibles e igualitarios

Encarnación Rivas incide en que un urbanismo de calidade será aquel que, desde o comezo, organice as dimensións espazo temporais de maneira que as persoas poidan conciliar a súa vida familia e laboral con menos esforzo, présas e dificultade

30/11/22 | 15:09

A Xunta destina máis de 30.000 € a mellorar a fachada da Casa do Concello de Santiso e a renovar o palco da música de San Román

Enrique de Salvador subliña que ademais das dúas subvencións outorgadas ao Concello, a Consellería axudará tamén a seis veciños do municipio a intervir nas súas vivendas e bens inmobles co obxectivo de mellorar a súa imaxe e aspecto exterior

29/11/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia a investigación da propiedade dos núcleos rurais de Brandariz, no concello de Vila de Cruces, para incluílos na concentración parcelaria

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, comunicou este avance, que permitirá engadir 336 hectáreas distribuídas nunhas 400 parcelas, nunha reunión informativa cos propietarios beneficiarios celebrada esta mañá no teleclube de Brandomés

29/11/22 | 15:29

A Xunta avoga por unir esforzos entre administracións públicas e axentes privados para impulsar as axendas urbanas co reto de facer territorios máis inclusivos

Encarnación Rivas interveu en representación do Goberno galego nalgún dos debates propostos ao redor das posibles intervencións para abordar as desigualdades sociais

29/11/22 | 10:18 | C. do Medio Rural

A Xunta publica o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Briallos, no concello pontevedrés de Portas

O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o anuncio pertinente da Consellería do Medio Rural, sobre esta reorganización territorial que afecta a unha superficie total de 339 hectáreas
 

28/11/22 | 14:59 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición do monte veciñal de Vilasouto, do Incio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

O DOG publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se somete a información pública este procedemento de inscrición no devandito rexistro

24/11/22 | 13:51 | C. do Medio Rural

A Xunta informa da aprobación do acordo da zona de concentración parcelaria de Briallos, no concello de Portas, aos 713 propietarios

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, asistiu, acompañado do alcalde, Ricardo Martínez, ao encontro cos propietarios beneficiarios, aos que se comunicou a inminente notificación individual das fincas resultantes outorgadas e a apertura do proceso de exposición pública

23/11/22 | 12:33

A Xunta propón repartir 33 M€ entre os concellos que se acolleron ao programa de rehabilitación de barrios para poder atender todas as solicitudes

O Instituto Galego da Vivenda e Solo traslada ás entidades locais a distribución provisional dos fondos solicitados, que triplica os 11,48 M€ asignados inicialmente