Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Xustiza:

28/05/21 | 14:14

A Xunta modifica o convenio para acompasar a revisión do Plan especial do casco histórico de Betanzos á capacidade de tramitación do Concello

Encarnación Rivas animou aos responsables a implicarse de xeito activo na tramitación do plan especial, para o que tamén contarán co apoio técnico da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

27/05/21 | 11:30

A Xunta aproba de forma inicial o Plan Básico Municipal de Porqueira, o primeiro instrumento urbanístico deste municipio

Nestes momentos xa son catro na provincia de Ourense e sete en toda Galicia os concellos que superaron este trámite e seguen avanzando para dotarse dunha ferramenta básica propia de ordenación

26/05/21 | 12:35

A Xunta estudará a posible ampliación do polígono empresarial de Veigadaña, no concello de Mos

Na actualidade o 95% da superficie do parque destinada a parcelas xa está vendida

22/05/21 | 11:39

Máis de 350 galegos solicitaron xa as axudas para emendar impactos paisaxísticos cuxo prazo remata o vindeiro 31 de maio

Esta nova liña de subvencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda permite mellorar un tellado, a fachada ou a medianeira dun edificio, así como o acondicionamento e mellora de peches de fincas de gran dimensión

22/05/21 | 11:24

Medio Ambiente adxudica por 1,4 millóns de euros as obras de mellora do lugar de Mugares en Toén e a rehabilitación dunha estrada en Vilardevós

A actuación en Toén consistirá na recuperación integral da zona, na que se localizan un conxunto de hórreos e un pombal, ao tempo que se pavimentan e acondicionan os camiños que conducen á mesma

21/05/21 | 12:37

A Xunta ratifica o protocolo polo que financiará obras do parque Ofimático co adianto de 3 millóns de euros

O Consello de Administración de Xestur aprobou a sinatura do protocolo co concello da Coruña para adiantar o pago de cotas de urbanización do barrio de Xuxán

21/05/21 | 11:26

O DOG publica a aprobación do primeiro PXOM de Portas, que guiará o desenvolvemento urbanístico do concello durante 20 anos

Convértese no municipio galego número 111 en contar cun plan adaptado e acorde á normativa vixente co que garantir un crecemento responsable e sostible

15/05/21 | 13:06

A Xunta ofrece preto de 765.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións de ata o 50% sobre o prezo de venda

Unha vez resolto o concurso de venda de 2021, a empresa pública Xestur poderá adxudicar de forma directa as parcelas que aínda ten dispoñibles