Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

06/04/22 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio centenar de taxistas da cidade de Vigo promocionarán o Xacobeo nos seus vehículos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, agradeceu aos autopatróns a súa contribución á divulgación do Xacobeo, “que é bo para os vigueses como é bo para todos os galegos”

06/04/22 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a imaxe do Camiño da Vía da Prata ao seu paso por Boqueixón coa renovación da marxe da praza do Cruceiro en Rubial

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Boqueixón visitaron os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemen-to do Camiño.

04/04/22 | 15:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño afiánzase en pleno Xacobeo e acada nunha fin de semana máis peregrinos que en todo abril do 2021

Entre hoxe e o pasado xoves rexistráronse máis de 1.600 Compostelas, cando en todo abril do ano pasado foron pouco máis de 1.000, o que confirma a reactivación das rutas unha vez superadas as restricións pola pandemia

01/04/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o simbólico dorsal nº 1 da organización da marcha popular “Ultreia” polo seu apoio á proba

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o simbólico dorsal número un dos 356 que se inscribiron este ano nunha proba deportiva que une Tui e Pontevedra seguindo o Camiño Portugués

01/04/22 | 08:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia celebra que o Comité Europeo das Rexións realice unha reunión en xuño en Santiago coincidindo co Xacobeo 21-22

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, destaca o Camiño de Santiago como exemplo de turismo sostible e como impulsor da cohesión social e xeográfica europea

30/03/22 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a marcha “Ultreia” polo Camiño Portugués e destaca os valores de deporte, convivencia e solidariedade que comparte coa ruta xacobea

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación da cuarta edición da marcha popular que reunirá o domingo a un total de 356 persoas para desfrutar da paisaxe e o patrimonio Camiño Portugués que atravesa a provincia

30/03/22 | 13:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Vía da Prata, a gran protagonista da nova edición de ‘Instagrammers no Camiño’, que comezou en Ourense

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, acompañaron esta mañá en Ourense a saída dos seis participantes de “Instagrammers no Camiño”

29/03/22 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o espectáculo “Inventio” pola súa aposta vangardista co camiño como eixe vertebrador da identidade cultural galega

Na súa presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, valorou unha posta en escena dirixida a todas as idades que suma maxia, danza e circo para espallar a mensaxe dos valores do Camiño

29/03/22 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta polo reforzo da seguridade no Camiño de Santiago neste Xacobeo

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou esta mañá na inauguración das “Xornadas formativas por un Camiño Seguro”, onde destacou o traballo levado a cabo pola Policía Autonómica e os voluntarios de Protección Civil para garantir a seguridade dos peregrinos nas rutas xacobeas

26/03/22 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Seis 'influencers' galegos participarán na 2ª edición de “Instagrammers no Camiño” para animar á mocidade a camiñar a Galicia neste Xacobeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presentou esta mañá aos 6 “instagrammers” que percorrerán entre o 30 e o 3 de abril desde Ourense os 100 últimos quilómetros da Vía da Prata contando desde as redes sociais as súas vivencias