Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Os centros de servizos sociais terán que presentar por vía electrónica as queixas dos usuarios para reducir os tempos de tramitación
Os centros deberán presentar as reclamacións de forma electrónica para que os servizos de inspección reciban a documentación inmediatamente
Galicia rexistra un total de 4.101 casos activos por coronavirus
Un total de 20.170 pacientes xa están curados
A Xunta colabora coa Deputación da Coruña e o concello de Santiago na dotación de equipamento para a Agrupación de Protección Civil
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso asinaron hoxe o acordo
As últimas escavacións na Cova Eirós impulsadas pola Xunta e a USC permiten afondar nos modos de vida dos neandertais nas serras orientais
Os resultados das actuacións realizadas este verán reafirman as hipóteses de anteriores campañas que constatan que foi un campamento nun longo período
A Consellería de Sanidade inicia hoxe a vacinación da gripe para o colectivo do persoal
O vindeiro día 13 iníciase a campaña para toda a poboación
O 061 de Galicia asistiu a 62 persoas por 51 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 2 de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 4 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 72 chamadas por accidentes de tráfico
Finalizan con normalidade e sen incidencias as probas do primeiro proceso de funcionarización da Xunta de Galicia cunha participación do 96%
Os exames realizáronse con todas as garantías sanitarias en base ao protocolo autorizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública
A Xunta inicia este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas nas comarcas do Baixo Miño, o Salnés e Betanzos
Actuarase nas vías de alta capacidade CG-4.2, en Tomiño e A Guarda; na VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; así como na estrada AC-542, en Betanzos
A Xunta mobiliza 5,4M€ apoiando os plans de innovación de 38 pemes e microempresas galegas
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de resolver a terceira convocatoria do programa InnovaPeme, que contribuirá á creación e mantemento de 180 postos de traballo
A Xunta facilita o acceso a información en lingua de signos cun novo convenio coa Federación Galega de Persoas Xordas
O acordo ascende a 32.500 euros e permitirá á entidade actualizar a súa web e redes sociais con contidos en lingua de signos