Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/09/20 | 08:53 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Castrelo de Abaixo

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 20 hectáreas

03/09/20 | 19:15 | Secretaría Xeral de Emigración

A Secretaría Xeral da Emigración achega información práctica do retorno a Galicia para os preto de 150 beneficiarios das BEME aos seus respectivos países

Ofrece desde hoxe, en colaboración coa Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia e as universidades galegas, unhas xornadas virtuais para os destinatarios das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

03/09/20 | 17:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete destaca a responsabilidade e o traballo en equipo como factores da reactivación do deporte galego que comezou hai dous meses e continua hoxe con eventos como a Semana Abanca

Acto despois da presentación do evento, o secretario xeral formalizou o contrato de patrocinio con Zulema Prado, presidenta do Club Marítimo de Vigo, polo que o Goberno galego concede á Semana Abanca un total de 5.000 euros

03/09/20 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera a súa disposición e interese en acadar unha solución xurídica sobre a dragaxe da ría do Burgo que non implique parar indebidamente a actividade marisqueira

A Consellería de Infraestruturas dirixiuse ata en catro ocasións nas últimas semanas ao secretario de Estado de Medio Ambiente solicitando unha reunión e demandou a convocatoria inmediata dun encontro entre os servizos xurídicos sen obter resposta

03/09/20 | 14:55 | C. de Política Social e Igualdade

Un grupo de mozas e mozos poñen en valor a etnografía dunha aldea de Ponteceso nun campo de voluntariado da Xunta

Os participantes nesta acción investigan e sinalizan elementos etnográficos e recompilan patrimonio oral, entre outras actividades

03/09/20 | 13:53 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Reigada

Segundo as últimas medicións, o lume afectou 25 hectáreas de monte raso

03/09/20 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de dotación de abastecemento ao núcleo de Prado, no municipio de Friol, cun investimento de 180.000 euros

Executouse o sistema de captación nas inmediación do núcleo de Silvela, e un depósito con capacidade para 75.000 litros, que funciona con enerxía solar

03/09/20 | 13:42

A Xunta trasládalle ao Concello de Vigo as principais conclusións do seu informe urbanístico sobre o borrador do PXOM

Tras cumprir este trámite, Medio Ambiente estará en disposición de formular xa o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico a finais deste mes

03/09/20 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Un grupo de rapazas e rapaces achéganse á aeronáutica nun campamento de verán organizado pola Xunta en Mazaricos

Os participantes, de entre 14 e 17 anos, asisten a obradoiros formativos e lúdicos, e tamén desfrutan de actividades de multiaventura na natureza