Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

31/08/20 | 18:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia mantén o inicio do curso escolar para o 10 de setembro, coa incorporación gradual do alumnado

Todo Infantil e Primaria organizarase en grupos de convivencia estable, mentres que a distancia de seguridade para ESO, Bacharelato e FP se fixa en 1,5 metros

31/08/20 | 18:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analizará medidas de calmado de tráfico no treito antigo da estrada PO-531 ao seu paso polo Concello de Barro e ofrece a transferencia desta vía ao eido local

A conselleira e o alcalde coinciden na necesidade de coñecer a solución definitiva da autovía estatal A-57 ao seu paso por este concello e as súas implicacións sobre o tráfico da estrada autonómica

31/08/20 | 17:16 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé devolver á produción este ano unhas 1.300 hectáreas de terreo grazas á iniciativa das aldeas modelo

Foi o que destacou José González, que tamén se reunirá esta mesma tarde cos comuneiros de Moreiras-Trelle para buscar fórmulas que aposten pola multifuncionalidade dos montes da zona

31/08/20 | 16:53 | C. do Medio Rural

O Pazo de Quián acolle hoxe e o mércores dous cursos sobre os queixos galegos con Denominación de Orixe organizados pola Xunta

Abordaranse aspectos como as características, calidades e particularidades destes produtos, os seus procesos de elaboración, os elementos propios de cada denominación, os consellos reguladores e a súa análise sensorial

31/08/20 | 14:38

Anxo M. Lorenzo presenta o ciclo 'Camiño de Cantares' con dous libros-cd e nove concertos en localidades da ruta xacobea

As publicacións titúlanse ‘Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII)’ e ‘Libro III de Polifonía (séc. XVII-XVIII)’ que serán interpretados este sábado e o 12 de setembro respectivamente

31/08/20 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A nova fase dos traballos de acondicionamento da rúa Marcelo Macías, entre a Avenida de Portugal e a glorieta do Olivo, fan necesario un cambio nos desvíos de tráfico desde mañá

Para seguir avanzando nas obras e minimizar no posible as obrigadas afeccións ao tráfico, xa se está a traballar hoxe na sinalización do corte da rúa e nos desvíos para a circulación de autobuses e vehículos lixeiros

31/08/20 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/08/20 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ás empresas e aos sindicatos o protocolo de prevención fronte á covid no autobús compartido para blindar a seguridade dos usuarios ante o inicio do curso

Vázquez Mourelle asegura que estas medidas farán do autobús compartido o medio de transporte público máis seguro, con normas máis exixentes que no autobús urbano, no tren ou no avión