Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Consumo:

29/09/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 90.000 € a redacción de dous proxectos construtivos para reducir o risco de inundacións no río Anllóns en Carballo

Trátase dos proxectos para a remodelación da ponte da rúa Fomento e a canle e motas de contención augas abaixo; e para a demolición da ponte de San Martiño e da nova ponte da rúa Deza á rúa San Xoán Bautista

28/09/21 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña a necesidade de mellorar o saneamento e a depuración das augas para atallar os case 270 vertidos contaminantes que aínda soportan as rías galegas

Vázquez Mourelle detalla que case a metade das depuradoras xestionadas polos concellos teñen deficiencias no funcionamento, o que supón vertidos ao medio

26/09/21 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A lei do ciclo integral da auga que impulsa a Xunta permitirá aforros do 10% coa xestión agrupadas das infraestruturas e a aplicación de economías de escala

O sistema agrupado permite unha maior eficiencia, coordinación e equidade no mantemento e conservación das infraestruturas de depuración ou de abastecemento

25/09/21 | 16:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aclara que a alegación da Fegamp sobre o impacto no recibo da Lei do Ciclo Integral da auga se basea en cálculos erróneos

A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga non leva aparelladas novas taxas aos usuarios, simplemente reordena as que xa existen e substitúe as que aplican os concellos

24/09/21 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/09/21 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acorda coa Fegamp ampliar o prazo para presentar achegas á Lei do ciclo da auga, que propón un modelo de axuda voluntaria aos concellos ante unhas competencias complexas

Vázquez Mourelle sinala que, para reforzar a participación, é a segunda vez que se atende a petición da FEGAMP e se amplía o prazo de consultas noutros 15 días

23/09/21 | 20:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra esta tarde unha xornada informativa con veciños e técnicos municipais sobre o Plan de emerxencias da presa de Caldas de Reis

Representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e técnicos de Augas de Galicia explicarán o contido e as medidas previstas para facer fronte a unha eventual situación de alerta

23/09/21 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A directora de Augas de Galicia informa no Parlamento da sanción a Endesa de case 1,9 M€ polo episodio de turbidez no río Eume do verán pasado

Sinala que a sanción á concesionaria do encoro do Eume deriva, entre outras causas, do incumprimento das condicións do réxime de explotación, ao descender a cota por debaixo do mínimo aprobado

21/09/21 | 14:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora da rede de saneamento na parroquia de Gueral, no Concello da Peroxa

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de case 18.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

21/09/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala a futura Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga como unha ferramenta para mellorar o funcionamento deficiente da metade das depuradoras municipais

Vázquez Mourelle destaca que a lei, que se está a tramitar coa máxima transparencia e participación, fixará un marco normativo para ordenar, reforzar e estender o apoio da Xunta aos concellos en materia de augas