Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta reanuda mañá o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal para traballar nos servizos públicos da administración galega
O prazo, que estaba suspendido polo estado de alarma, rematará o 18 de xullo
O IGE avanza que no 1º trimestre o PIB galego baixou por mor da covid-19 un 3,6% en taxa interanual, medio punto menos que a media española
O descenso económico no conxunto de España foi do 4,1%, segundo o dato de avance publicado xa polo INE
O conselleiro de Facenda pídelle á ministra de Política Territorial eliminar a taxa de reposición na sanidade e nos servizos sociais para aumentar a estabilidade no emprego
Valeriano Martínez tamén pediu restituír a xubilación parcial para o persoal de servizo público
A Axencia Tributaria de Galicia tramitou máis de 800 citas na primeira semana de funcionamento do servizo de cita previa
Os prazos dos principais impostos continúan suspendidos, pero de modo voluntario os cidadáns poden presentar as autoliquidacións
Galicia pechou o primeiro trimestre do ano como a comunidade que paga antes as súas facturas, segundo os datos oficiais do Ministerio de Facenda
O informe oficial publicado hoxe indica que o período medio de pago en Galicia é de 14,5 días, menos da metade que a media autonómica (35 días)
A Axencia Tributaria de Galicia inicia mañá a atención con cita previa para realizar trámites de xeito presencial
Os prazos dos principais impostos continúan suspendidos, pero de modo voluntario os cidadáns poden presentar as autoliquidacións se así o precisan
O Comité de Expertos Económicos aposta por impulsar novas medidas para facilitar o financiamento das empresas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou na reunión celebrada esta tarde, na que se subliñou a necesidade de reforzar a solvencia e o crecemento do tecido empresarial
A Xunta impulsa un proxecto piloto de automatización de procesos aplicado á xestión tributaria
Consiste no emprego de ferramentas software para realizar de xeito automático aquelas tarefas que son máis repetitivas
A Xunta fará unha consulta xurídica sobre a constitucionalidade do reparto do 0,7% do Imposto de Sociedades proposto polo Goberno central
Supón que se repartan directamente desde Madrid 34 millóns de euros máis que o ano anterior en axudas sociais directas, que son competencia autonómica
Galicia traslada ao Goberno que non comparte os criterios de reparto dos fondos adicionais para o COVID-19 porque se afastan dos vixentes no sistema de financiamento
Nos 10.000 millóns para gasto sanitario, o Ministerio de Facenda trasladou que a poboación axustada só determinará o 28% do gasto, o que prexudica a comunidades con alta dispersión e avellentamento como Galicia