Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta subliña o valor do libro 'Máis alá e máis arriba' de Vázquez Taín para afondar na orixe e na historia do Camiño de Santiago
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participaron hoxe na presentación da obra
A Xunta e a RAG impulsan a nova edición de ‘Toponimízate’, a campaña que divulga o valor da toponimia polos concellos galegos
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes, presentan o regreso deste programa que inclúe como novidades sesións telemáticas en directo e obradoiros de memoria
O certame de cinema Ouff escola recibe máis de 45 traballos na súa XII edición
O secretario xeral de Política Lingüística asiste á entrega de premios deste certame que conta co apoio da Xunta para potenciar a lingua galega no sector audiovisual desde idades temperás
A mostra da Xunta en homenaxe a Xela Arias "Asinamos ser libres" chega á Coruña
O secretarios xerais de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e de Política lingüística, Valentín García, inauguraron hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Miguel González Garcés
A Xunta súmase esta fin de semana á celebración polo 20º aniversario do Día Europeo das Linguas
O secretario xeral de Política Lingüística participou hoxe na presentación da programación para o domingo, que incluirá un acto institucional na Praza das Praterías e un conxunto de propostas musicais e culturais no Festival Maré 21
O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsou máis de 100 actuacións
O secretario xeral de Política Lingüística presentou hoxe no Parlamento os resultados deste plan 2016- 2020 que se reinventou por mor da crise sanitaria
A exposición 'Próxima Parada' réndelles homenaxe ás mulleres peregrinas e ao comercio local co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe á presentación desta mostra de esculturas de peregrinas que se estende polos escaparates de 12 locais do casco histórico compostelán rexentados por mulleres
O festival ‘Alguén que respira!’ reúne boa parte das mulleres protagonistas do renacer da poesía galega coa colaboración da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación do terceiro dos encontros que se celebran ao longo do ano coincidindo cos días 21 de solsticios e equinocios
A Xunta apoia a Fundación Lois Peña Novo e o colectivo galeguizar Galicia na homenaxe a Luís Soto Fernández
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu hoxe aos actos en memoria do mestre e político galeguista, que incluíron a proxección dun documental e a descuberta dun busto
'Ourense Universo Literario' concentra dúas semanas de propostas culturais para todos os públicos co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da proposta, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22